Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 21961

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 26 de maio de 2017, do 28 de maio de 2018 e do 31 de maio de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, publicadas no Diario Oficial de Galicia do 8 de xuño de 2017, 22 de xuño de 2018 e 4 de xullo de 2018, respectivamente (códigos de procedemento IN853A e IN853B).

No marco da RIS3 Galicia defínense varios instrumentos de apoio agrupados dentro do programa Innova en Galicia que ten por obxectivo que o investimento público sexa un elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación galegos. Neste contexto sitúase o programa de axudas para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación.

Para a execución deste programa de axudas, GAIN publicou no Diario Oficial de Galicia as seguintes convocatorias:

1. Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN853A), publicada no DOG núm. 108, do 8 de xuño.

As axudas concedéronse por Resolución do 31 de outubro de 2017, publicada no DOG núm. 213, do 9 de novembro, e as actuacións financiadas finalizan o 31 de outubro de 2020.

2. Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de uniades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN853B), publicada no DOG núm. 119, do 22 de xuño.

Esta convocatoria está financiada con fondos propios da Axencia Galega de Innovación. As axudas concedéronse por Resolución do 13 de novembro de 2018, publicada no DOG núm. 220, do 19 de novembro, e as actuacións financiadas finalizan o 30 de setembro de 2021.

3. Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN853A), publicada no DOG núm. 127, do 4 de xullo.

As axudas concedéronse por Resolución do 12 de novembro de 2018, publicada no DOG núm. 220, do 19 de novembro, e as actuacións financiadas finalizan o 30 de setembro de 2021.

Durante a execución das actuacións destas unidades mixtas de investigación entrou en vigor o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da pandemia do coronavirus COVID-19 (DOG núm. 49 bis, do 12 de marzo). Asemade, o Goberno de España ditou o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm. 67, do 14 de marzo) e o Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 (BOE núm. 73, do 18 de marzo).

Así mesmo, o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de abril de 2020, sobre a continuación da tramitación de determinados expedientes e procedementos en materia de subvencións, no eido da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico establece respecto das subvencións xa concedidas no momento de entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e como consecuencia do COVID-19 ou das medidas adoptadas polas administracións públicas para combatelo, a posibilidade de modificar as ordes de convocatoria ou resolucións de concesión para ampliar os prazos de execución da actividade subvencionada e, se for o caso, de xustificación e comprobación da dita execución, aínda que non se tivese previsto nas correspondentes bases reguladoras.

A situación de crise sanitaria xerada pola pandemia do coronavirus COVID-19 provocou un escenario sen precedentes que comeza a traducirse nunha situación extremadamente grave en termos económicos, polo que é necesario implementar accións rápidas e eficaces que permitan mitigar o impacto socioeconómico do estado de alarma no tecido empresarial español. É necesario garantir que as empresas, sexan do tipo que sexan, e os organismos de investigación dispoñan de suficiente liquidez e preserven a continuidade da súa actividade económica e investigadora durante e despois do brote do COVID-19.

Por tanto, á vista desta situación excepcional e das anteditas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, cómpre modificar determinados artigos das bases reguladoras das citadas convocatorias, xa que a execución das actividades das unidades mixtas foi suspendida ou ben continúa pero a un ritmo moito menos intenso debido a dificultades de subministración, a expedientes de ERTE que afectan o persoal investigador, a paralizacións ou demoras nas subcontratacións necesarias ou outras circunstancias derivadas do contexto actual.

As modificacións que se consideran necesarias afectan fundamentalmente a distribución de custos por anualidades, ás datas límite de presentación de xustificantes de gasto/pagamento e memorias de avance do proxecto e ao momento da inspección final obrigatoria por parte de GAIN.

A introdución destas medidas permitirá dar liquidez aos beneficiarios para continuaren coas actividades das unidades mixtas de investigación, acompasar a distribución anual do gasto á progresión das actividades destas, facilitar as xustificacións parciais e evitar reintegros por desviacións nalgún concepto de gasto superiores aos inicialmente previstos, sempre coa condición de que o proxecto se realice.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos,

DISPÓN:

CAPÍTULO I

Modificación da Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN853A),
publicada no DOG núm. 108, do 8 de xuño

Artigo 1. Modificación do número 2 do artigo 25 das bases reguladoras

O número 2 do artigo 25 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«2. Prazos de xustificación.

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2017

Ata o 28 de decembro de 2017

Ano 2018

Ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

Ata o 31 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 31 de marzo de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2017

– Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 28 de decembro de 2017

– Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 28 de decembro de 2017

Ano 2018

– Desde o 29 de decembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

– Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019

Ano 2020

– Desde o 1 de novembro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020

Artigo 2. Modificación do artigo 26 das bases reguladoras

O artigo 26 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 26. Pagamento

1. Os pagamentos da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuaranse ao organismo de investigación como representante do conxunto de entidades que integran a unidade mixta de investigación.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e despois da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán superar o 80 % da axuda concedida.

3. Pagamentos anticipados.

Para a realización dos pagamentos anticipados o organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Unha solicitude motivada de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, para todos os integrantes da unidade mixta, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

Os pagamentos anticipados poderán acadar ata o 67 % da subvención concedida sen superaren o importe da anualidade correspondente.

4. Pagamentos parciais á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda.

5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia Galega de Innovación, antes de proceder ao seu pagamento final, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007. Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación e no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá ser substituída pola entrega de xustificación documental en que se constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario de modo que se poida comprobar o seu correcto funcionamento, as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade da normativa Feder, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección.

Artigo 3. Modificación dos números 4 e 5 do artigo 29 das bases reguladoras

Os números 4 e 5 do artigo 29 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«4. Previamente ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco do seu plan anual de inspección poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá ser substituída pola entrega de xustificación documental en que se constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario de modo que se poida comprobar o seu correcto funcionamento, as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade da normativa Feder, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección».

CAPÍTULO II

Modificación da Resolución do 28 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de uniades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN853B), publicada no DOG núm. 119,
do 22 de xuño

Artigo 1. Modificación do númweo 2 do artigo 26 das bases reguladoras

O número 2 do artigo 26 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«2. Prazos de xustificación.

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2018

Ata o 3 de decembro de 2018

Ano 2019

Ata o 10 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 31 de marzo de 2021

Ano 2021

Ata o 5 de decembro de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2018

Desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de novembro de 2018

Ano 2019

Desde o 1 de decembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Ano 2020

Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020

Ano 2021

Desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021

Artigo 2. Modificación do artigo 27 das bases reguladoras

O artigo 27 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 27. Pagamento

1. Os pagamentos da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuaranse ao organismo de investigación como representante do conxunto de entidades que integran a unidade mixta de investigación.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e despois da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán superar o 80 % da axuda concedida.

3. Pagamentos anticipados.

Para a realización dos pagamentos anticipados o organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Unha solicitude motivada de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, para todos os integrantes da unidade mixta, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

Os pagamentos anticipados poderán acadar ata o 50 % da subvención concedida sen superaren o importe da anualidade correspondente.

4. Pagamentos parciais á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda.

5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia Galega de Innovación, antes de proceder ao seu pagamento final, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007. Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación e, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario de modo que se poida comprobar o seu correcto funcionamento, as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade indicados na convocatoria, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección».

Artigo 3. Modificación dos números 4 e 5 do artigo 30 das bases reguladoras

Os números 4 e 5 do artigo 30 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«4. Previamente ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco do seu plan anual de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario de modo que se poida comprobar o seu correcto funcionamento, as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade indicados na convocatoria, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección».

CAPÍTULO III

Modificación da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN853A), publicada no DOG núm. 127,
do 4 de xullo

Artigo 1. Modificación do número 2 do artigo 26 das bases reguladoras

O número 2 do artigo 26 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«2. Prazos de xustificación.

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2018

Ata o 3 de decembro de 2018

Ano 2019

Ata o 10 de outubro de 2019

Ano 2020

Ata o 31 de marzo de 2021

Ano 2021

Ata o 5 de decembro de 2021

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2018

Desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda) ata o 30 de novembro de 2018

Ano 2019

Desde o 1 de decembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019

Ano 2020

Desde o 1 de outubro de 2019 ata o 31 de decembro de 2020

Ano 2021

Desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021

Artigo 2. Modificación do artigo 27 das bases reguladoras

O artigo 27 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 27. Pagamento

1. Os pagamentos da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuaranse ao organismo de investigación como representante do conxunto de entidades que integran a unidade mixta de investigación.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e despois da autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán superar o 80 % da axuda concedida.

3. Pagamentos anticipados.

Para a realización dos pagamentos anticipados o organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Unha solicitude motivada de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) A declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas, para todos os integrantes da unidade mixta, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

Os pagamentos anticipados poderán acadar ata o 55 % da subvención concedida sen superaren o importe da anualidade correspondente.

4. Pagamentos parciais á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda.

5. Recibida a documentación xustificativa da subvención, a Axencia Galega de Innovación, antes de proceder ao seu pagamento final, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007. Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación e no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario de modo que se poida comprobar o seu correcto funcionamento, as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade da normativa Feder, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección».

Artigo 3. Modificación dos números 4 e 5 do artigo 30 das bases reguladoras

Os números 4 e 5 do artigo 30 das bases reguladoras queda redactado do seguinte xeito:

«4. Previamente ao pagamento final da subvención será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco do seu plan anual de inspección poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Se pola situación excepcional creada pola epidemia COVID-19 non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate de forma razoable e suficiente a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario de modo que se poida comprobar o seu correcto funcionamento, as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade da normativa Feder, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección».

Disposición adicional única. Redistribución de créditos

Coa finalidade de facilitar a realización das actividades das unidades mixtas de investigación e de harmonizar ao seu progreso a distribución anual de gasto, poderase solicitar unha redistribución das anualidades concedidas, cun límite máximo do trinta por cento do custo concedido para cada anualidade, aumentando no mesmo importe a seguinte anualidade. Esta redistribución deberá ser solicitada antes do 15 de setembro da anualidade afectada e previamente á súa aprobación deberá tramitarse o correspondente expediente económico.

Para as unidades mixtas de investigación que finalicen en 2020 poderase solicitar unha redistribución da axuda concedida nese ano entre as anualidades 2020 e 2021 cos requisitos e condicións establecidas no parágrafo anterior. A autorización desta redistribución implica que para o ano 2021 o prazo de presentación da documentación xustificativa será ata o 30 de xuño de 2021 e o período de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados será do 1 de xaneiro de 2021 ao 30 de abril de 2021.

Disposición derradeira única. Vixencia e entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación