Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 2 de xuño de 2020 Páx. 21920

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural a igrexa de Santa María da Atalaia, no termo municipal de Laxe.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española, e segundo o teor do disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía para Galicia, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. No exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (en diante, LPCG).

No artigo 8.2 da LPCG indícase que: «terán a consideración de bens de interese cultural aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente de patrimonio cultural, de acordo co procedemento establecido nesta lei. Os bens de interese cultural poden ser inmobles, mobles ou inmateriais».

O artigo 10.1.a) da LPCG define o monumento, categoría asignada á igrexa de Santa María da Atalaia, como «a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico».

O 29 de decembro de 2017 ten entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia unha solicitude en que o Concello de Laxe insta a esta Administración a declarar como ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a igrexa de Santa María da Atalaia, solicitude que foi ampliada e mellorada, posteriormente, con documentación referida ao patrimonio artístico do templo así como á súa situación urbanística.

Durante o proceso de instrución e valoración previa da proposta solicitáronse os informes dos órganos consultivos en materia de patrimonio cultural, así como do Consello Territorial de Patrimonio Cultural da Coruña e da Subcomisión para o Rexistro do Patrimonio Cultural de Galicia. Todos eles emitiron informe favorable sobre a declaración de ben de interese cultural.

A igrexa da Atalaia destaca, en primeiro lugar, por presentar unhas particularidades arquitectónicas, sinxelas, robustas e sobrias que son un exemplo representativo do gótico mariñeiro, característicos especialmente da Costa da Morte; en segundo lugar, a calidade, temática e singularidade do conxunto escultórico e decorativo con que conta no seu interior e exterior, sobre todo o retablo pétreo da resurrección, e, finalmente, cómpre destacar a súa implantación na propia vila e a relación que mantén co mar e coa paisaxe mariñeira, cos que conforma un conxunto harmónico.

Este conxunto de valores define a igrexa de Santa María da Atalaia como un espazo patrimonial significativo, dotado dunha gran singularidade que, unida á relación entre a súa arquitectura e o conxunto escultórico, se consideran un exemplo excepcional e sobranceiro en Galicia.

Á vista do anterior, exercendo as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, e as que corresponden á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo, e no artigo 16 e seguintes da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o procedemento para declarar ben de interese cultural a igrexa de Santa María da Atalaia no Concello de Laxe (A Coruña), coa categoría de monumento e nivel de protección integral, conforme a descrición recollida no anexo I desta resolución.

Segundo. Recoñecer a condición de ben de interese cultural para o Cruceiro da Atalaia, localizado no adro da igrexa da Atalaia, que, polas súas características tipolóxicas e antigüidade, ten tal consideración en virtude do disposto no artigo 92.1 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Terceiro. Incoar o procedemento para catalogar a relación de bens mobles, localizados na igrexa da Atalaia, polo seu valor artístico e histórico e a súa relación co templo recollidos no anexo II desta resolución.

Cuarto. Establecer a delimitación provisional do seu contorno de protección segundo a planimetría recollida no anexo III desta resolución.

Quinto. Anotar, con carácter preventivo, a referencia á incoación deste procedemento no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e comunicalo ao Rexistro de Bens de Interese Cultural da Administración do Estado.

Sexto. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Sétimo. Notificar esta resolución ás persoas interesadas e ao Concello de Laxe.

Oitavo. Aplicar de forma inmediata e provisional o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os bens devanditos en correspondencia coa clasificación e niveis de protección propostos.

Noveno. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que poidan ter interese examinen o expediente e aleguen o que consideren conveniente. A consulta realizarase, preferentemente, en formato dixital. As persoas interesadas que non dispoñan doutra alternativa poderán solicitar unha cita previa para consultar o expediente nas dependencias administrativas da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, en Santiago de Compostela.

Décimo. O expediente deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses (24), desde a data desta resolución, ou producirase a caducidade do trámite e o remate do réxime provisional establecido.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2020

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición do ben

1. Denominación: igrexa de Santa María da Atalaia.

2. Localización.

• Provincia: A Coruña.

• Concello: Laxe.

• Parroquia: Santa María de Laxe.

• Lugar: A Atalaia.

• Coordenadas UTM ETRS89 Fuso 29 Igrexa: X: 499.620 Y:4.785.545.

• Coordenadas UTM ETRS89 Fuso 29 Cruceiro da Atalaia: X:499.610 Y:4.785.530.

3. Descrición.

3.1. Descrición formal.

a) A igrexa.

O templo de Santa María da Atalaia sitúase sobre un promontorio elevado sobre o peirao da vila e configura unha auténtica atalaia de vixilancia. A súa concepción inicial respondía a dúas funcións básicas, pois á finalidade relixiosa uníase a de ser un baluarte defensivo, derivado da súa situación estratéxica, que permitía controlar os accesos á vila tanto desde terra como por mar. Nun principio o edificio asentábase sobre un cumio pétreo en que o mar batía e que foi reforzado con rexos muros e robustos contrafortes, que a configuraron como un verdadeiro refuxio utilizado en caso de perigo. Posteriormente, engadíuselle a torre campanario e un muro con troneiras en que se instalaron pezas de artillaría.

O templo ten a orientación tradicional dos antigos templos medievais, a cabeceira esta dirixida cara ao leste e o pórtico cara ao oeste. A súa planta desenvólvese nun corpo de nave de tres tramos, separados por arcos dobrados apuntados, que parten de columnas de fuste poligonal curto, rematadas cun capitel decorado con temas vexetais, moi característicos do gótico tardío galego. Ao exterior preséntase con sinxelos e robustos muros e unha sobria decoración, en que destacan os contrafortes angulares que contrarrestan o peso da bóveda.

b) Partes integrantes.

No interior da igrexa unha nave de planta rectangular, presbiterio e capela maior sostén o teitume de madeira con columnas e alicerces, como adoita ser habitual nas igrexas do seu estilo.

No muro leste de cabeceira, baixo o rosetón, atopamos, sen dúbida, un dos elementos máis salientables do templo: o retablo pétreo da Resurrección.

Na zona do presbiterio destaca a existencia dos seguintes bens:

• Dúas lápidas anepígrafas xunto ao altar maior.

• Retablo pétreo da Resurrección: friso continuo composto por cinco bloques esculpidos sobre roca granítica de forma rectangular, de 450 cm x 107 cm, descuberto accidentalmente no inverno de 1955 pola destrución que un raio causou no retablo barroco que ocupaba este lugar. A parte superior e inferior do retablo delimítase por unha estreita banda con anxos orantes representados en busto, de aspecto basto con cabeleiras esquemáticas. Cada unha das cinco escenas están enmarcadas entre unhas columnas que soportan unha arcada gótica, que divide os distintos bloques pétreos do retablo. De esquerda a dereita o artista desenvolve o tema da resurrección de Cristo en cinco escenas dispostas coa seguinte orde: resurrección de Cristo, descenso de Cristo resucitado ao Limbo, aparición de Cristo resucitado á Virxe María acompañado polos xustos liberados do Limbo; as Santas Mulleres ante o sepulcro baleiro, e a aparición de Cristo á María Magdalena. A representación, en escultura pétrea, da aparición de Cristo Resucitado á Virxe María resulta excepcional en España.

• Relevo cun Crucifixo do século XVII que coroa o arco triunfal.

Pola súa parte, no muro do evanxeo aparecen:

• Escaleira de acceso ao coro en que se acubilla un pequeno confesionario.

• Tabernáculo da Milagrosa do primeiro terzo do século XX, de 200 cm x 400 cm. Policromado e dourado.

• Retablo do Santo Sepulcro de mediados do século XIX, de 192 cm x 250 cm. Policromado e dourado.

• Retablo da Paixón con dúas sinxelas fornelas sobre banco. Cronoloxía fixada na primeira metade do século XIX.

• Pía de auga bendita no flanco esquerdo do acceso da igrexa cara ao norte.

• Restos fresco mural de San Domingo de Guzmán, descubertos na década dos 90 do século pasado. A parte conservada, de 160 cm de alto por 120 cm de ancho, representa na parte inferior a San Domingo con hábito branco e capa escura e aos seus pés un dos seus atributos máis característicos: o can branco e negro co facho na boca. Á dereita da figura e enmarcado nun pequeno cadro de 33 cm de alto por 22 de ancho, una pequena fornela acubilla outra representación de San Domingo orando axeonllado, coa Biblia nas mans e o halo de santidade sobre a cabeza. Sobre este cadro intúense os restos doutro e, entre ambos os dous, o final dunha phylacteria cuxa lenda non se conserva, e unha inscrición con letra de mediados do século XV. Unha tira con decoración xeométrica pecha o fresco pola dereita.

• Púlpito de pedra con escaleira de acceso, tamén de pedra, datado entre o século XVIII ou o século XIX. Este púlpito tivo outrora dosel de resonancia.

• Retablo da Inmaculada datado na primeira metade do século XIX de autor descoñecido, que custodia o arco triunfal polo muro do evanxeo.

Mentres que no muro da epístola destacan:

• Retablo da Virxe do Carme, de similares características e cronoloxía ao da Inmaculada.

• Retablo da Asunción. Século XVIII. Autor: Juan A. Martínez. Dimensións: 197 cm x 400 cm. Técnica: talla, policromía e dourado.

• Pía bautismal datada no século XVIII, de 94. 5 cm x 88 cm con restos de policromía.

• Pía de auga bendita, xunto á entrada da igrexa, de similares características á vista na porta setentrional, tamén conserva restos de policromía.

E, por último, na sancristía sitúase un lavamáns pétreo onde o oficiante podía lavar a súas mans, datado no século XVII.

d) Cruceiro: trátase dun cruceiro de cantaría de pedra de granito, con cruz de brazos cilíndricos, con imaxes do Cristo crucificado e da Virxe en cada cara, sobre un sinxelo capitel e un varal longo e esvelto. O conxunto dispón dun pedestal de tres chanzos octogonais con bocel e unha base tamén octogonal de pedra ao nivel do piso térreo do adro.

3.2. Descrición histórica.

Laxe era a mediados do século XV ademais dunha pequena vila mariñeira –configurada arredor dun núcleo urbano máis antigo conformado entre as actuais rúa Real e a praza de Ramón Juega– o porto natural das terras de Soneira e, polo tanto, do señorío de Altamira. Un clásico porto de fondo de ría que era daquela a principal saída ao mar dos territorios controlados e xestionados polos Moscosos de Altamira, que quedaba protexido desde un outeiro pola igrexa-fortaleza da Atalaia ou da Esperanza, desde onde se dominaba practicamente toda a ría.

A igrexa foi fundada por Dona Juana de Castro Lara y Guzmán, condesa de Altamira, que a iniciou a principios do século XV, sobre, probablemente, o soar que xa ocupaba unha capela previa do século XIII, xustamente no promontorio dominante da vila medieval, desde o que se controlaba o porto, a praia, a vila e a ría.

A esas obras fai alusión a súa filla, Dona Urraca, no seu testamento manuscrito dous días antes da súa morte en que deixaba unha suma de cartos para rematar as obras.

A relevancia histórica deste templo virá dada polo papel vital que desenvolveu na historia local da vila de Laxe e da súa contorna. A igrexa non só foi, desde as súas orixes, un lugar de culto e oración, senón que foi, ademais, un lugar de protección física e espiritual, de modo que o templo desenvolveu unha tripla función na vida dos seus habitantes: defensiva, civil e relixiosa.

O templo conta con potentes muros de pedra, robustecidos polos seus contrafortes, de maneira que, en caso de perigo, convertíase nun refuxio relativamente seguro, na segunda liña de defensa da atalaia. Cando no século XVI se engade a torre-campanario, aumentará a súa capacidade para vixiar e advertir do perigo aos veciños dispersos mediante o repique de campás. Ademais, no adro da igrexa, nas caras norte e leste, estiveron colocados uns canóns que tiñan a finalidade de protexer o porto e a vila de Laxe, aínda así tanto a igrexa como a vila sufriron en máis dunha ocasión o asalto e saqueo por parte de frotas inimigas ou de piratas que se apropiaron das reliquias eclesiásticas e dos bens de xente local.

4. Estado de conservación.

Tanto a igrexa como o cruceiro, aínda que estean afectados pola intensa erosión eólica e marítima, presentan un bo estado de conservación, cando menos non se recolle a existencia dunha ameaza inminente que afecte a súa integridade e estabilidade xeral. Dadas as súas condicións e posto que pola súa posición e dimensións non está afectados por unha problemática complexa, en relación co disposto no artigo 90 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, non se estima obrigada a redacción dun plan director do monumento.

5. Valoración cultural.

A igrexa da Atalaia destaca por presentar unhas características arquitectónicas, sinxelas, robustas e sobrias que son un exemplo representativo do gótico mariñeiro, característicos especialmente da Costa da Morte. Así mesmo, posúe un conxunto escultórico e decorativo, sobre todo o retablo pétreo da Resurrección, que, pola súa calidade, temática e singularidade é un exemplo sobranceiro da arte sacra en Galicia. Finalmente, a súa implantación na propia vila e a relación que mantén co mar e coa paisaxe mariñeira, formando con eles un conxunto harmónico, son valores que definen a igrexa de Santa María da Atalaia como un espazo patrimonial significativo.

6. Usos.

A igrexa conserva a súa función de culto e, dadas as súas características, debe seguir a ser o seu uso principal, sen prexuízo de que poida compatibilizarse cun uso cultural complementario derivado do seu interese artístico e histórico que está potenciado pola súa posición relativa no conxunto, proximidade ao mar e a súa presenza na configuración urbana da vila de Laxe.

7. Réxime de protección.

7.1. Igrexa de Santa María da Atalaia:

• Natureza: ben inmoble.

• Categoría: monumento.

• Interese: patrimonio arquitectónico. Arquitectura relixiosa.

• Nivel de protección: integral.

7.2. Cruceiro da Atalaia:

• Natureza do cruceiro: ben inmoble.

• Interese: patrimonio etnolóxico. Cruceiro.

• Categoría: lugar de valor etnolóxico.

7.3. Réxime de protección.

A incoación para declarar ben de interese cultural a igrexa da Atalaia determinará a aplicación inmediata, aínda que provisional, do réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados, segundo o artigo 17.4 e 17.5 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG) e complementariamente co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (LPHE). Este réxime implica a súa máxima protección e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación.

Calquera intervención que se pretenda realizar nel deberá ser autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, segundo proxectos elaborados por técnicos competentes e segundo os criterios legais establecidos (artigos 39 a 40 LPCG).

7.4. Visita pública.

As persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre os bens de interese cultural especificamente declarados permitirán a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente.

7.5. Traslado de bens mobles.

Quen promova o traslado de bens mobles catalogados deberá realizar unha comunicación previa á consellería competente en materia de patrimonio cultural. A comunicación conterá a información relativa á orixe e ao destino dos bens mobles catalogados e ao motivo e tempo de desprazamento, así como ás condicións de conservación, seguridade, transporte e aseguramento. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá ditar en calquera momento as instrucións precisas para garantir a salvagarda do ben no seu traslado e localización e adoptará as medidas necesarias para paralizar o seu desprazamento cando se aprecie a existencia de riscos para a súa conservación e protección.

ANEXO II

Relación de bens mobles

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

Localización

1

Virxe da Atalaia

Descoñecido

Escultura

XV/XVI

Igrexa

2

Santa Inés

Descoñecido

Escultura

XV/XVI

Igrexa

3

Vía Crucis

Descoñecido

Cadro con escultura en relevo

Xeso, madeira

Primeiro terzo XX

Muros da nave

Retablo da Asunción. (Nave. Muro da Epístola)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

4

Virxe da Asunción

Descoñecido

Escultura

Madeira

53 x 150

Primeiro terzo do século XX.

Retablo Santo Sepulcro. (Nave. Muro da Epístola)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

5

Cristo xacente

Descoñecido

Escultura

Madeira

Primeira metade do XIX

Retablo da Virxe do Carme. (Nave. Muro da Epístola)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

6

San Xosé

José Rivas

Escultura

Madeira

44

Primeira metade do XX

7

Virxe do Carme

Descoñecido

Escultura

Madeira

77

Primeira metade do XX

8

Sagrado Corazón de Xesús

Descoñecido

Escultura

Madeira

44 x 100

Primeira metade do XX

Retablo da Inmaculada (Nave. Muro do Evanxeo)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

9

Inmaculada

Descoñecido

Escultura

Madeira

60

Segunda metade do XIX

10

Santo Antón de Padua

López Pedre

Escultura

Madeira

48

Primeiro terzo do XX

11

San Roque

José Rivas

Escultura

Madeira

43 x 100

Primeiro terzo do XX

Retablo da Paixón (Nave. Muro do Evanxeo)

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

12

Virxe Dolorosa

Descoñecido

Escultura

Madeira

40

Segunda metade do XIX

13

Xesús Nazareno

Descoñecido

Escultura

Madeira

30

Segunda metade do XIX

Outros bens mobles

Núm.

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/ano

Localización

14

Asunción

Descoñecido

Escultura

Madeira

70

Mediados XVIII

Presbiterio

15

San Francisco

Descoñecido

Escultura

Madeira

25,5 x 63

Mediados XVIII

Presbiterio

16

San Miguel

Descoñecido

Escultura

Madeira

60

Primeira metade XVIII

Presbiterio

17

Santa Rosa de Lima

Descoñecido

Escultura

Madeira

26 x67

XVIII

Presbiterio

18

San Francisco Xavier

Descoñecido

Escultura

Madeira

23,5 x 54

Segundo terzo XVIII

Presbiterio

19

Santa Tareixa

Descoñecido

Escultura

Madeira

21 x 51

Segundo terzo XVIII

Presbiterio

20

Sagrario

Descoñecido

Escultura

Madeira

76 x 84

Terceiro cuarto XVIII

Presbiterio

21

Virxe do Rosario

Vicente Portela (atribuído)

Escultura

Madeira

43 x 102

1824

Presbiterio

22

Neno Xesús

Descoñecido

Escultura

Madeira

23,5 x 41

Primeiro terzo XX

Presbiterio

23

Virxe da O

Descoñecido

Escultura

Madeira

33,5 x 102

Segundo terzo XX

Presbiterio

24

Cristo Resucitado

Descoñecido

Escultura

Madeira

34 x 74

Segundo terzo XVIII

Presbiterio

25

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

8,5 x 14

Segundo terzo XX

Sancristía

26

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

12,5 x 18,5

1944

Sancristía

27

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

9 x 11

Segundo terzo XX

Sancristía

28

Cáliz

Descoñecido

Ourivaría

Prata

8,5 x 24

Segunda metade XX

Sancristía

29

Naveta

Descoñecido

Ourivaría

Prata

13,5 x 11

Primeiro terzo XX

Sancristía

30

Copón

Descoñecido

Ourivaría

Prata

11 x 23

Segundo terzo XVIII

Sancristía

31

Incensario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

12,5 x 19

Primeiro terzo XX

Sancristía

32

Custodia

Descoñecido

Ourivaría

Metal

24,5 x 47

Segundo terzo XX

Sancristía

33

Custodia

Descoñecido

Ourivaría

Metal

28 x 43,5

XVI/XVII/XIX

Sancristía

34

Ostensorio

Descoñecido

Ourivaría

Metal

35 x 63

1990

Sancristía

35

Farol

Descoñecido

Ourivaría

Metal

12 x 34

Primeiro terzo XX

Sancristía

36

Coroa

Descoñecido

Ourivaría

Prata

7 x 20,5

XX

Sancristía

37

Coroa

Descoñecido

Ourivaría

Prata

16

XX

Sancristía

38

Vinagreiras

Descoñecido

Ourivaría

Prata

-

XX

Sancristía

39

Porta viático

Descoñecido

Ourivaría

Prata

5

1810

Sancristía

40

Porta viático

Descoñecido

Ourivaría

Prata Meneses

5

XX

Sancristía

41

Cruz parroquial

Descoñecido

Ourivaría

Prata

34,5 x 82

Primeiro terzo XIX

Sancristía

42

Crucifixo de altar

Descoñecido

Escultura

Madeira

41 x 91

Último terzo XVIII

Sancristía

43

Virxe co neno

Descoñecido

Escultura

Madeira

20 x 53

Primeiro terzo XX

Sancristía

44

Incensario

Descoñecido

Ourivaría

Metal

12 x 23

Último terzo XIX

Sancristía

45

Exvoto ánimas

Descoñecido

Cadro con escultura

Madeira

121 x 78

1939

Sancristía

ANEXO III

Delimitación do ben e contorno de protección

1. Identificación dos bens.

Os límites do ben protexido deben entenderse seguindo o trazado da muralla de configuración da plataforma en que se asenta e, polo tanto, forman parte de todo o recinto intramuros, a igrexa, o adro da igrexa cos seus enterramentos, os nichos do lado setentrional e a explanada meridional co seu cruceiro.

2. Contorno de protección.

Estímase axeitado a delimitación do contorno de protección feita para estes bens no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), aprobado o 30 de outubro de 2019, cartografada na ficha L-01 do catálogo. O contorno de protección proposto identifícase cunha liña vermella de trazos finos.

3. Plano coa delimitación do PXOM:

delimitacion inc galego.png