Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22073

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (código de procedemento PR924B).

Segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior, as políticas de emigración e retorno en Galicia e a representación e participación nos órganos e foros relacionados con elas que lle encomende a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, desconcentra na persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

A través da Secretaría Xeral da Emigración, a Xunta de Galicia desenvolve, desde hai anos, programas de axudas e subvencións en favor das comunidades galegas no exterior co fin de posibilitar o cumprimento dos intereses e finalidades que lles son propias.

A Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, define a galeguidade como o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaboraren e a compartiren a vida social e cultural do pobo galego, tal e como sinala o artigo 7.1 do Estatuto de autonomía de Galicia.

O pasado día 6 de febreiro de 2020, no DOG número 25, publicouse a Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020.

Esta orde de convocatoria ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexe a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación (código de procedemento PR924B):

Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.

Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.

Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.

A dita orde de convocatoria establecía un prazo dun mes para a presentación de solicitudes que foi ampliado pola Resolución do 3 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración (DOG núm. 44, do 5 de marzo) ata o día 16 de marzo de 2020.

Mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e a Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), polo que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, e entre elas figura a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, norma que afecta directamente este procedemento.

Dada a situación que se está a vivir, decretada en España polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, e a situación mundial provocada pola pandemia do virus antes mencionado, practicamente a totalidade das entidades galegas teñen a súa sede pechada, o que lles impide executar moitos dos proxectos culturais e sociais previstos para este exercicio e para os que teñen solicitado subvención ao abeiro do programa 2 antes citado.

Debido ás circunstancias sinaladas, as entidades galegas non contan con ingresos propios suficientes para o desempeño do seu labor estatutario e poñen en risco a súa propia supervivencia, polo que as subvencións que se lles veñen concedendo ao abeiro desta convocatoria resultan imprescindibles para o seu funcionamento e o desenvolvemento dos proxectos que xustifican a súa existencia.

Polo tanto, para contribuír a garantir a súa supervivencia, é necesario incrementar o importe das subvencións que se lles concedan ás entidades ao abeiro do programa 1 de gastos de funcionamento e tamén o destinado aos proxectos que realmente executen ao abeiro do programa 2, para o que é imprescindible modificar as porcentaxes de cálculo que figuran no anexo A da orde da convocatoria cun incremento de 10 puntos.

O incremento do gasto derivado desta modificación non implica un incremento do total do crédito autorizado para esta convocatoria xa que sería financiado cos remanentes que se producen coas anulacións que están presentando as entidades dos proxectos que non van executar para os que teñen solicitado subvención e, ademais, está previsto na propia convocatoria que se poidan redistribuír entre os programas os remanentes que se produzan á hora de facer a proposta de adxudicación.

Polo tanto, en virtude do exposto e, no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 76/2017, do 28 de xullo, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007; nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do anexo A

Modifícase o anexo A da Resolución do 31 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (código de procedemento PR924B), publicada no DOG núm. 25, do 6 de febreiro, que queda co seguinte contido:

ANEXO A

Porcentaxes que se aplicarán para determinar a contía das subvencións

Importe do proxecto de gasto

Puntuación obtida

% que se aplicará sobre o custo do proxecto do gasto

Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento

< 10.000 €

< = 20 puntos

>20 < 40

>=40 < 60

>=60 < 80

>=80

25 %

25 % + 0,75 % por cada punto superior a 20

25 % + 1 % por cada punto superior a 20

25 % + 1,10 % por cada punto superior a 20

80 %

>= 10.000 < 20.000 €

<= 30 puntos

>30 < 80

>=80

20 %

20 % + 1,25 % por cada punto superior a 30

80 %

>= 20.000 €

<= 40 puntos

>40 < 50

>=50 < 60

>=60 < 80

>=80

20 %

20 % + 0,75 % por cada punto superior a 40

20 % + 1,25 % por cada punto superior a 40

20 % + 1,75 % por cada punto superior a 40

80 %

Programa 2. Axudas para proxectos culturais

< 13.000 €

<= 25

>25 < 40

>=40 < 80

>=80

25 %

25 % + 1 % por cada punto superior a 25

25 % + 1,20 % por cada punto superior a 25

80 %

>= 13.000 < 26.000 €

<=30 puntos

>30 < 80

>=80

20 %

20 % + 1,25 % por cada punto superior a 30

80 %

>= 26.000 €

<=35

>35 < 50

>=50 < 60

>=60 < 80

>=80

20 %

20 % + 0,75 % por cada punto superior a 35

20 % + 1 % por cada punto superior a 35

20 % + 1,50 % por cada punto superior a 35

80 %

Programa 3. Axudas para accións de especial relevancia

< 20.000

<= 45 puntos

>45 < 80

>= 80

30 %

30 % + 1,45 % por cada punto superior a 45

80 %

>= 20.000 €

<= 45 puntos

>45 < 80

>= 80

15 %

15 % + 1,90 % por cada punto superior a 45

80 %

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración