Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 3 de xuño de 2020 Páx. 22126

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2020 pola que se acorda a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19.

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, e ante a declaración da Organización Mundial da Saúde (OMS) como pandemia, o Goberno de España declarou, mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo o territorio nacional. A disposición adicional terceira do devandito real decreto, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión dos prazos administrativos e sinala a suspensión de termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Porén, a propia disposición prevé que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

A Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, no seu punto sétimo, decreta a suspensión e a interrupción dos prazos dos procedementos das entidades do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia e, no oitavo, a interrupción dos prazos de prescrición e caducidade.

O 15 de maio de 2020 o Consello da Xunta autorizou a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma polo COVID-19.

En consecuencia, e no uso das atribucións que teño conferidas,

ACORDO:

Artigo único

Acordar a continuación dos expedientes de subvencións e convenios do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos e realizar os trámites que procedan para a súa continuidade con respecto ás axudas obxecto das seguintes convocatorias e convenios:

– Orde do 17 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Orde do 29 de maio de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG núm. 109, do 9 de xuño).

– Orde do 31 de decembro de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018).

– Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2019).

– Orde do 18 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria (modalidade A) (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Orde do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (modalidade A) (DOG núm. 81, do 27 de abril).

– Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (modalidades A e B) (DOG núm. 98, do 24 de maio).

– Orde do 28 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (modalidades A e B) (DOG núm. 111, do 13 de xuño).

– Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para o programa de bolsas Xunta de Galicia-Fulbright, asinada o 9 de setembro de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América para o programa de bolsas Xunta de Galicia-Fulbright, asinado o 9 de setembro de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento das axudas Juan de la Cierva (convocatoria Mineco 2016), asinado o 5 de xullo de 2018.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Juan de la Cierva (convocatoria Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 2017), asinado o 1 de agosto de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento da contratación dos investigadores seleccionados ao abeiro da modalidade 3: proxectos de I+D+i para mozos e mozas investigadores sen vinculación ou con vinculación temporal no marco do programa estatal de investigación, desenvolvemento e innovación orientada aos retos da sociedade (convocatorias MEC 2014 e 2015), asinado o 17 de novembro de 2017.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria MEC 2013), asinado o 4 de decembro de 2015.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria MEC 2014), asinado o 12 de agosto de 2016.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatorias MEC 2014 e 2015), asinado o 3 de novembro de 2017.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria MEC 2016), asinado o 3 de xullo de 2018.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o cofinanciamento do subprograma Ramón y Cajal (convocatoria Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades de 2017), asinado o 16 de setembro de 2019.

– Orde do 27 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016 (DOG núm. 151, do 10 de agosto).

– Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG núm. 115, do 19 de xullo).

– Orde do 23 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

– Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2019).

– Orde do 4 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG núm. 134, do 13 de xullo).

– Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (código de procedemento ED431G) (DOG núm. 182, do 25 de setembro).

– Orde do 10 de setembro de 2019 pola que se regula o procedemento para a acreditación dos campus de especialización do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED442B) (DOG núm. 177, do 18 de setembro).

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a organización e desenvolvemento das actividades do II cumio académico e do coñecemento CELAC-UE (Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños-Unión Europea), asinado o 6 de novembro de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) para impulsar programas de posicionamento e captación de proxectos europeos para o sistema universitario galego e addenda, asinado o 23 de maio de 2018.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Cidade da Cultura para a construción do Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais (Ceipac) e adecuación de espazos para servizos do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), e da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) e addenda, asinado o 4 de xullo de 2018.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña para completar as axudas ao persoal investigador principal do programa Starting Grants do Consello Europeo de Investigación, asinado o 12 de abril de 2018.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020 e addenda, asinado o 15 de xullo de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020 e addenda, asinado o 30 de setembro de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Universidade de Vigo (UVigo) para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i 2019-2020 e addenda, asinado o 30 de setembro de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para reforzo das liñas de investigación posdoutorais, asinado o 14 de novembro de 2019.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o desenvolvemento de servizos xerais de investigación, asinado o 9 de decembro de 2019.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Esta resolución poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional