Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 5 de xuño de 2020 Páx. 22482

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Mediante a Resolución do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre esas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, DNI electrónico ou Chave365.

Para a devolución do importe ingresado por aquelas outras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas será necesaria a presentación dun escrito no cal fagan constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso xeral

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Aguiar López, Adriana

***0962**

86, 87

Arias Fernández, Myrian del Carmen

***9905**

86, 87

Barroso Lorenzo, Adrián

***4995**

86, 87

Becerra Taibo, María

***6773**

86

Bolaño Rodríguez, Inés

***9535**

86

Borrallo Estévez, Cristóbal Cristian

***0234**

43

Bugallo Quinteiro, Patricia

***0304**

86

Carballeira Fernández, María del Mar

***5558**

86

Casabella Carballés, Beatriz

***4532**

86

Collarte Diéguez, Mirian

***5644**

86, 87

Curras Francos, Sara

***6137**

86

Davila González, Eva María

***6612**

86

Di Fortuna, Ángela María

***3457**

87

Díaz Matos, Ana

***4282**

83

Fanego Segundo, Inés

***0184**

86

Fernández Armas, Sonia

***9021**

87

Fernández Barro, Uxía

***9109**

86

Freitas Ambroa, Mónica

***2707**

43

García Rodríguez, Alejandra

***9708**

87

Gondar Domínguez, Brais

***6765**

86, 87

González Domínguez, Laura

***8660**

83

Herrero García, María Jesús

***7073**

87

Herrero Visconti, Rosa del Amparo

***2885**

86

Lago Piñeiro, Raquel

***9550**

86

Lamela Varela, Noelia

***7960**

86, 87

López Pardo, Rocío

***8813**

83

López Vila, Javier

***7558**

86

Lorenzo Busto, María Jesús

***1478**

87

Martín Fernández, María Guadalupe

***5061**

83, 86

Méndez Pintos, Romina

***5100**

87

Mosquera Pérez, Rosa María

***9488**

86

Ogando López, Loreto

***4502**

86, 87

Oubiña Lois, Daniel

***8500**

86

Paz Martínez, Paula

***3112**

86

Pinheiro da Fonseca, Alexis

***6481**

86

Piñeiro Arias, Lorena

***9555**

86, 87

Rodríguez Acevedo, Alberto

***7632**

87

Rodríguez Casal, Laura María

***9893**

86

Roel Otero, Verónica

***3452**

86

Rosales Otero, Julio

***1661**

86

Sánchez Álvarez, Nuria

***9249**

86

Suárez Saavedra, Marta

***1025**

86

Suárez Sangiao, Jacobo

***6251**

86

Vázquez Jiménez, Raquel María

***0254**

86

Vázquez Sanginés, Lucía

***7738**

86

Vázquez Vázquez, Carlos

***6685**

22

Vecino Peña, María Jesús

***5982**

87

Cód.

Causa da exclusión

22

Taxas aboadas fóra de prazo

43

Desistencia da solicitude

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego