En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xuño de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, e con efectos do día oito de xuño, Borja Verea Fraiz como secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, cinco de xuño de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria