Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22701

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Inventario forestal continuo de Galicia.

O obxecto deste convenio é regular o marco común de colaboración entre as institucións asinantes para apoiar o sector forestal de Galicia, dun xeito sustentable, a través do desenvolvemento dun Inventario forestal continuo durante os anos 2020, 2021 e 2022.

31.3.2020

573.918,92 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a creación dunha unidade mixta de investigación de carácter multidisciplinar para a análise do actual sistema de prevención e extinción de incendios forestais e para a proposta de melloras profesionais, científicas, organizativas, normativas e de xestión pública dos incendios forestais.

Crear unha unidade mixta formada por 10 membros (5 de cada parte asinante) que desenvolverá un proceso participativo na Comunidade Autónoma como base para a análise e a proposta de melloras do actual sistema de prevención e extinción de incendios forestais.

4.3.2020

99.294,28 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Consellería do Medio Rural, así como a elaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes deste, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

13.1.2020

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Corporación de Radio e Televisión de Galicia, S.A. (O Agro, Labranza e Ferrado e Medio), 2020.

Establecer as condicións de colaboración técnica e financeira para o desenvolvemento dos espazos O Agro, Labranza e Ferrado e Medio, que emite a Corporación Radio e Televisión de Galicia.

27.2.2020

75.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) para a realización dun Programa de consolidación e diversificación xenética da raza rubia galega, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marzo do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións para a realización dun Programa de consolidación e diversificación xenética da raza rubia galega fomentando o seu uso comercial como elemento clave para a súa conservación por parte da Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), para os anos 2020 a 2022.

3.1.2020

570.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego (APRG) para continuar coa execución das actuacións destinadas á posta en valor das aptitudes do cabalo de pura raza galego (PRG) en actividades deportivas, de exposición e lecer, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marzo do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións para continuar coa execución das actuacións destinadas á posta en valor das aptitudes do Cabalo PRG en actividades deportivas, de exposición e lecer, dentro do PDR de Galicia 2014-2020 por parte da Asociación Pura Raza Cabalo Galego (APRG), para os anos 2020 a 2022.

3.1.2020

189.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Criadores da Raza Porco Celta (Asoporcel) para continuar coa execución de actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina porco celta, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marzo do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións para continuar coa execución de actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina porco celta, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación por parte da Asociación de Criadores da Raza Porco Celta (Asoporcel), para os anos 2020 a 2022.

3.1.2020

480.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da ovella galega, cabra galega, galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marzo do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da ovella galega, cabra galega, galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación por parte da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), para os anos 2020 a 2022.

3.1.2020

1.266.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para continuar coa execución de determinadas actividades de conservación ex situ dos recursos zooxenéticos autóctonos das razas ovella galega, cabra galega e porco celta, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marzo do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións da colaboración entre a Consellería do Medio Rural e Inorde para continuar coa execución de determinadas actividades de conservación ex situ dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia en perigo de extinción, destinadas ás razas ovella galega, cabra galega e porco celta, para os anos 2020 a 2022.

10.1.2020

225.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos da raza equina cabalo de pura raza galega, e o fomento e promoción dos seus produtos derivados, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marzo do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos da raza equina cabalo de pura raza galega, a promoción dos seus produtos derivados e o fomento do uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación por parte da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), para os anos 2020 a 2022.

10.1.2020

246.000,00 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) para a realización de probas para determinar o rendemento leiteiro do gando vacún dentro do Programa galego de selección e mellora da raza frisona para o período 2020-2023.

O obxecto deste convenio de colaboración é regular as condicións de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Cegacol, no desenvolvemento das probas para determinar o rendemento do gando leiteiro daquelas explotacións que participen no control leiteiro oficial, co obxecto de mellorar a calidade xenética do gando vacún frisón de Galicia, para os anos 2020 a 2023.

13.1.2020

3.000.000,00 €

Addenda ao convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) para a realización de probas para determinar o rendemento leiteiro do gando vacún dentro do Programa galego de selección e mellora da raza frisona para o período 2020-2023.

O obxecto desta addenda é modificar a cláusula cuarta. Acordo entre as Africor de Ourense e Pontevedra do Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) para a realización de probas para determinar o rendemento leiteiro do gando vacún dentro do Programa galego de selección e mellora da raza frisona para o período 2020-2023, para corrixir un erro administrativo de tal xeito que o importe aboado por Africor Ourense a Africor Pontevedra poida incluír os custos derivados da realización das probas de control leiteiro oficial en que vai incorrer Africor Pontevedra.

9.3.2020

Sen achega económica

Segunda addenda ao convenio de cooperación subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Veiga para a realización de obras de infraestrutura rural.

Variación das anualidades.

16.4.2020

Sen achega económica