Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22705

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios e protocolos de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020

Convenio

Importe €

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello de Contas de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

0 €

20.2.2020