Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22887

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO de notificación de sentenza (50/2020).

DCT Divorcio contencioso 491/2018.

Sentenza:

Monforte de Lemos, doce de maio de dous mil vinte.

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e o seu partido, os autos de divorcio contencioso nº 491/2018, seguidos por instancia de Miguel Ángel Casares Méndez, representado pola procuradora Sra. Castro Fernández, baixo a dirección do letrado Sr. Rodríguez González contra María Isabel Galán Fuentes, en situación de rebeldía procesual, veño resolver con base nos seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro. O procurador da parte demandante interpuxo no seu día demanda de divorcio na que, tras alegar os feitos e fundamentos de dereito oportunos e que se dan por reproducidos, termina suplicando que se dite sentenza decretando o divorcio con todos os seus efectos e demais pedimentos que se conteñen no suplico desta.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, deuse o trámite previsto na LAC sen que comparecese a demandada, sendo declarada en situación de rebeldía procesual, citándose as partes á vista, celebrada o día da data, comparecendo tan só a parte demandante, propoñéndose e practicando proba co resultado que consta en autos.

Terceiro. Na tramitación do presente procedemento observáronse as formalidades legais previstas nos artigos 769 e ss da LAC.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Conforme o artigo 85 do Código civil, o matrimonio disólvese, sexa cal for a forma e o tempo da súa celebración, pola morte ou a declaración de falecemento dun dos cónxuxes e polo divorcio. Pola súa vez, o artigo 86 establece que «se decretará xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por pedimento dun só dos cónxuxes, de ambos ou dun co consentimento do outro, cando concorran os requisitos e circunstancias exixidos no artigo 81».

Pola súa vez este artigo dispón «decretarase xudicialmente a separación, cando existan fillos menores non emancipados ou coa capacidade modificada xudicialmente que dependan dos seus proxenitores, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio: 1º. Por pedimento de ambos os cónxuxes ou dun co consentimento do outro, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Á demanda acompañarase unha proposta de convenio regulador redactada conforme o artigo 90 deste código. 2º. Por pedimento dun só dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non será preciso o transcurso deste prazo para a interposición da demanda cando se acredite a existencia dun risco para a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou liberdade e indemnidade sexual do cónxuxe demandante ou dos fillos de ambos ou de calquera dos membros do matrimonio. Á demanda acompañarase proposta fundada das medidas que haxan de regular os efectos derivados da separación».

Segundo. Á vista das alegacións contidas no escrito de demanda, e perante a non oposición formulada pola contraparte, ao non contestar a demanda e non comparecendo na vista, procede, tendo en conta que os cónxuxes contraeron matrimonio no ano 2002 –celebrado o 28 de xuño–, tendo, por tanto, transcorridos máis de tres meses desde a súa celebración, decretar o divorcio de ambos os cónxuxes cos efectos legais inherentes a tal pronunciamiento; isto é, a disolución do matrimonio e do réxime económico matrimonial.

Non se interesa a adopción de medidas civís.

Terceiro. De conformidade co artigo 755 da LAC, firme que sexa esta resolución, notifíquese de oficio ao Rexistro Civil correspondente co fin de efectuar as oportunas inscricións.

Cuarto. Non é procedente facer pronunciamiento en canto ás custas ao non existir ningún vencido neste xuízo, dada a súa natureza.

Vistos os preceptos legais citados e demais xerais de pertinente aplicación,

Decido:

Estimando a demanda interposta por Miguel Ángel Casares Méndez contra María Isabel Galán Fuentes debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio dos litigantes, celebrado o 28 de xuño de 2002, con todas as medidas legais inherentes a tal declaración.

Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial a partir da firmeza desta resolución.

Non se fai especial pronunciamiento en canto ás custas.

Firme que sexa esta sentenza, comuníquese ao Rexistro Civil no que se atope inscrito o matrimonio para a súa inscrición.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación, dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, conforme o disposto na LAC.

Así o pronuncia, manda e asina. Dou fe.