Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 23053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2018/469).

Advertidos os seguintes erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 52, do 16 de marzo de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 16606, onde di: «Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2018/469)», debe dicir: «Resolución do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización pola que se outorgan a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Tomiño (expediente IN407A 2018/469)».