Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 11 de xuño de 2020 Páx. 23052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2019-104 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e polo instrutor suplente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 1 de xuño de 2020

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

Acto adoptado por

CO-RES-2019-104

Gheorghe Gigel Sparatu

Resolución

Xefa territorial

CO-RES-2019-188

Roberto Recarey García

Proposta de resolución

Instrutor suplente

CO-RES-2019-194

Valeriano Óscar Sánchez Romero

Proposta de resolución

Instrutor suplente