Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, de adxudicación definitiva de novas oficinas de farmacia.

Mediante a Resolución do 2 de xullo de 2018 esta Secretaría Xeral Técnica convocou o concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia. O punto segundo da citada resolución establece que a súa tramitación se rexerá polo disposto nos artigos 22 e seguintes do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión de oficinas de farmacia.

En virtude do anterior, o día 18 de xaneiro de 2020 tivo lugar, logo de aprobarse a lista definitiva de puntuacións obtidas polas persoas participantes no concurso, o acto público de elección de oficinas de farmacia, ao cal foran convocadas, mediante a Resolución do 11 de decembro de 2019, todas as persoas participantes que figuraban na dita lista.

Como resultado do citado acto esta Secretaría Xeral Técnica ditou a Resolución do 27 de xaneiro de 2020 pola que se facía pública a relación das 41 persoas que resultaron adxudicatarias provisionais de novas oficinas de farmacia, a cal foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 30 de xaneiro. Dado que unha das adxudicatarias non constituíu en prazo a garantía exixida polo artigo 25 ter.2 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, procedeuse a celebrar un segundo acto público de elección que tivo lugar o día 29 de febreiro de 2020, no cal foi ofertada de novo a correspondente oficina de farmacia.

Efectuada a adxudicación provisional desta última oficina, formalizáronse os trámites establecidos polo artigo 25 ter do antedito decreto, unha vez que continuaron os prazos administrativos en virtude do disposto no punto décimo da Resolución do 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Xa que logo, á vista da proposta efectuada pola comisión de valoración, esta Secretaría Xeral Técnica

RESOLVE:

Adxudicar definitivamente as 41 novas oficinas de farmacia ofertadas no concurso público convocado mediante a Resolución do 2 de xullo de 2018 aos/ás farmacéuticos/as que constan relacionados/as no anexo da presente resolución, en que se indica tamén a delimitación territorial concreta da oficina de farmacia adxudicada a cada un/unha deles/as.

A citada lista de persoas adxudicatarias poderá ser consultada tamén na páxina web oficial da Consellería de Sanidade (www.sergas.es) desde o mesmo día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº orde

Apelidos e nome

Delimitación territorial

Concello

Provincia

1

Piñeiro Corrales, María Guadalupe

060000 Ramallosa (Santa Cristina P.)

Baiona

Pontevedra

2

Fleire Quintás, Laura

080000 Perillo (Santa Locaia)

Oleiros

A Coruña

3

Barros Muñoz, María del Carmen

110000 Temple (O) (Santa María)

Cambre

A Coruña

4

Fol Rodríguez, Nuria María

040000 Biduído (Santa María)

Ames

A Coruña

5

Canal Barrio, Claudina

050000 Cambre (Santa María)

Cambre

A Coruña

6

Rodríguez Castro, Elena María

020000 Poio (San Xoán P.)

Poio

Pontevedra

7

Hermida Lameiro, María Eugenia

080000 Ribadeo (Santa María)

Ribadeo

Lugo

8

Santalla Vigo, Sonia

080000 Rutis (Santa María)

Culleredo

A Coruña

9

González Añón, Diego

060000 Salceda (Santa María P.)

Salceda de Caselas

Pontevedra

10

Espinosa Suances, Antucho

080000 Ortoño (San Xoán)

Ames

A Coruña

11

Vilar Carneiro, Ana Benita

040000 Darbo (Santa María de Fóra P.)

Cangas

Pontevedra

12

Donado Campos, Manuel Pedro Francisco

080000 Ortoño (San Xoán)

Ames

A Coruña

13

Fernández Cordeiro, Marta

020000 Meira (Santa Eulalia P.)

Moaña

Pontevedra

14

Martínez Mazagatos, Javier

000100 Narón

Narón

A Coruña

15

Blanco González, María Isabel

000100 Narón

Narón

A Coruña

16

Grande Estévez, María Lourdes

020000 Paleo (Santo Estevo)

Carral

A Coruña

17

Moa Martínez, María José

080000 Rutis (Santa María)

Culleredo

A Coruña

18

Fariña Rodríguez, Ana María

030000 Curro (Santa María P.)

Barro

Pontevedra

19

Represas Seoane, María Mar

030000 Cee (Santa María da Xunqueira)

Cee

A Coruña

20

Fonticoba Sanesteban, Marta Sagrario

010000 Almeiras (San Xián)

Culleredo

A Coruña

21

Otero Bueno, María Beatriz

020000 Calo (San Xoán)

Teo

A Coruña

22

Galán Folgueiras, Francisco Javier

010000 Ares (San Xosé)

Ares

A Coruña

23

Cortón Chao, Marina

000100 Burela

Burela

Lugo

24

Lorenzo Cainzos, Rosa María

010000 Ánxeles (Os) (Santa María)

Brión

A Coruña

25

Díaz Varela, María Inmaculada Concepción

060000 Cospindo (San Tirso)

Ponteceso

A Coruña

26

Chamorro Díaz, Antonio Arturo

300000 Silleda (Santa Eulalia P.)

Silleda

Pontevedra

27

Pena Arnoso, Úrsula Araceli

140000 Verín (Santa María a Maior)

Verín

Ourense

28

Orizales Balado, Juan Carlos

090000 Friol (San Xiao)

Friol

Lugo

29

Bayón Cores, Agustín

020000 Rosal (O) (Santa Mariña P.)

O Rosal

Pontevedra

30

Gómez López, María José

020000 Meirás (San Martiño)

Sada

A Coruña

31

Páez López, Rosa María

030000 Allariz (Santiago)

Allariz

Ourense

32

Cardero Blanco, María Cruz

020000 Esgos (Santa María)

Esgos

Ourense

33

Barrosa Vázquez, Manuela

020000 Lesón (Santa Cruz)

A Pobra do Caramiñal

A Coruña

34

Goldar Cora, Margarita

060000 Oleiros (San Martiño)

Ribeira

A Coruña

35

López Crespo, María del Carmen

240000 Ribadetea (San Xurxo)

Ponteareas

Pontevedra

36

Lois González, María Carmen

090000 Portomouro (San Cristovo)

Val do Dubra

A Coruña

37

Rodríguez López, Antonio

080000 Santa Marta de Moreiras (Santa Marta)

O Pereiro de Aguiar

Ourense

38

Núñez Díaz, Elena

050000 Présaras (San Pedro)

Vilasantar

A Coruña

39

García González, María del Carmen

090000 Morás (Santo Estevo)

Arteixo

A Coruña

40

Pardo Lopo, Regina

020000 Covas (San Cibrao)

O Pereiro de Aguiar

Ourense

41

Domínguez Miranda, Fernando

040000 Negueira (San Salvador)

Negueira de Muñiz

Lugo