Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso), para ser notificado por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración que o afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o propietario da Zona de Concentración Parcelaria dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da dita zona e que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer número 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 1 de xuño de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

76322274V

Resolución

Os Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa II (Oroso-A Coruña)