Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2020, do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración de San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña).

Con data do 24 de marzo de 2020, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) nos seguintes termos:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e planos que o compoñen, mediante este acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña).

Conforme o disposto no número 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación ou da notificación persoal.

Os recursos poderán presentarse no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia na Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), no rexistro dos servizos centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias e rexistros a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 1 de xuño de 2020

Ana Arizón Fanlo
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña