Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23228

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución conxunta do 18 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A).

Advertido erro na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 106, do 2 de xuño de 2020, cómpre realizar a seguinte corrección:

– Na páxina 21981, no artigo 1.2, onde di:

«2. O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:

Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:

– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.

– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.

– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.

– Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais.

– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.

– Optimización da produción e cadea loxística.

– Asesoramento para o relanzamento comercial.

Innovación:

– Preparación de procesos certificables.

– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

– Protección da innovación.

– Asesoramento para o financiamento da innovación».

Debe dicir: