Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Sábado, 13 de xuño de 2020 Páx. 23505

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 12 de xuño de 2020, aprobou o seguinte acordo:

«Acordo sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde elevou a situación de emerxencia de saúde pública xerada pola expansión do coronavirus COVID-19 a nivel de pandemia internacional. Esta expansión está a xerar unha crise sen precedentes recentes na saúde pública que afecta todos os sectores e individuos. As distintas administracións, organismos e institucións, nacionais e internacionais, tiveron que adoptar medidas drásticas e urxentes para a prevención e loita contra a pandemia.

Neste sentido, o 13 de marzo de 2020, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o acordo polo que se declarou a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego) como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, coa conseguinte asunción da dirección do Plan e de todas as actividades de emerxencia por parte do titular da presidencia da Xunta de Galicia, de acordo co previsto neste.

Mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, dentro das medidas previstas para facer fronte á situación ocasionada pola extensión do COVID-19. A declaración afectou todo o territorio nacional por un período inicial de quince días naturais que foi obxecto de ata seis prórrogas autorizadas polo Congreso dos Deputados. Tras o período inicial de quince días naturais e o correspondente á primeira e á segunda prórrogas do estado de alarma, iniciouse, durante a terceira prórroga, un proceso de redución progresiva das medidas extraordinarias de restrición da mobilidade, do contacto social e do exercicio de actividades establecidas na versión inicial do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, en especial con motivo da aprobación, polo Consello de Ministros, na súa reunión do 28 de abril, do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. No dito plan prevese un proceso gradual de volta á normalidade dividido en catro fases: unha fase cero ou preliminar e tres fases de desescalada, diferenciadas en función das actividades permitidas en cada unha delas, polas que poderán transitar os diferentes territorios en función de diversos criterios e indicadores ata chegar á denominada “nova normalidade”, en que se porá fin ás medidas de contención, pero se manterá a vixilancia epidemiolóxica, a capacidade reforzada do sistema sanitario e as medidas de autoprotección da cidadanía.

Durante a vixencia da sexta e última prórroga do estado de alarma, fixada ata as 00.00 horas do 21 de xuño, o Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, prevé, no seu artigo 5, que a superación de todas as fases previstas no Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19, aprobado polo Consello de Ministros na súa reunión do 28 de abril de 2020, determinará que queden sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma nas correspondentes provincias, illas ou unidades territoriais. Ademais, conforme o artigo 6 do mesmo real decreto, serán as comunidades autónomas as que poidan decidir, para os efectos do artigo 5 e consonte criterios sanitarios e epidemiolóxicos, a superación da fase III nas diferentes provincias, illas ou unidades territoriais da súa Comunidade e, polo tanto, a súa entrada na «nova normalidade».

En aplicación do artigo 6 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, o Consello da Xunta de Galicia apreciou, en acordo do día de hoxe, como autoridade sanitaria, que a Comunidade Autónoma de Galicia, como unidade territorial, está en condicións de superar a fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia de COVID-19 e, por tanto, en condicións de entrar na «nova normalidade».

O presidente da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, poderá dispoñer formalmente, mediante decreto publicado no Diario Oficial de Galicia, a superación da fase III e, por tanto, a entrada na nova normalidade, indicando o día a partir do cal terá efectos esta decisión.

A superación da fase III, ben que implica que queden sen efecto as medidas extraordinarias derivadas do estado de alarma, debe comportar, porén, a adopción, por parte das administracións competentes, das necesarias medidas de prevención que permitan seguir facendo fronte e controlando a pandemia, tendo en conta a subsistencia, aínda que atenuada, dunha situación de crise sanitaria. Neste sentido, no ámbito estatal ditouse o Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, as cales, conforme o disposto no seu artigo 2.2, serán de aplicación naquelas unidades territoriais que superasen a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

No ámbito autonómico, a resposta, necesaria e urxente, á crise sanitaria que aínda subsiste, pese á superación da fase III, debe ser, ademais do mantemento da declaración de situación de emerxencia sanitaria efectuada mediante o Acordo do 13 de marzo de 2020, a adopción de medidas de prevención con fundamento nas previsións da normativa sanitaria que habilitan para iso.

Neste sentido, a Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública, prevé, no seu artigo primeiro, que co obxecto de protexer a saúde pública e previr a súa perda ou deterioración, as autoridades sanitarias das distintas administracións públicas poderán, dentro do ámbito das súas competencias, adoptar as medidas previstas na dita lei cando así o exixan razóns sanitarias de urxencia ou necesidade.

O artigo segundo habilita as autoridades sanitarias competentes para adoptaren medidas de recoñecemento, tratamento, hospitalización ou control cando se aprecien indicios racionais que permitan supoñer a existencia de perigo para a saúde da poboación debido á situación sanitaria concreta dunha persoa ou grupo de persoas ou polas condicións sanitarias en que se desenvolve unha actividade. E, para o caso concreto de enfermidades transmisibles, o artigo terceiro dispón que, co fin de controlalas, a autoridade sanitaria, ademais de realizar as accións preventivas xerais, poderá adoptar as medidas oportunas para o control dos enfermos, das persoas que estean ou teñan estado en contacto con estes e do ambiente inmediato, así como as que se consideren necesarias en caso de risco de carácter transmisible.

Pola súa banda, o artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, prevé a posibilidade de que as autoridades sanitarias poidan adoptar as medidas preventivas que consideren pertinentes cando exista ou se sospeite razoablemente a existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde. A duración das ditas medidas fixarase para cada caso, sen prexuízo das prórrogas sucesivas acordadas por resolucións motivadas, e non excederá o que exixa a situación de risco inminente e extraordinario que as xustificou.

A Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, recolle, así mesmo, nos seus artigos 27.2 e 54, a posible adopción de medidas por parte das autoridades sanitarias en situacións de risco para a saúde das persoas.

E no ámbito autonómico, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no seu artigo 34 inclúe, entre as intervencións públicas que poderán exercer as autoridades sanitarias competentes sobre as actividades públicas e privadas que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias para a saúde, no seu número 12, a de adoptar as medidas preventivas que se consideren pertinentes en caso de que exista ou se sospeite razoablemente a existencia dun risco inminente e extraordinario para a saúde, cuxa duración debe fixarse para cada caso, sen prexuízo das prórrogas sucesivas acordadas por resolucións motivadas, que non deberán exceder o que exixa a situación de risco extraordinario que as xustificase, e o artigo 38 prevé que as autoridades sanitarias poderán levar a cabo intervencións públicas nos supostos de riscos para a saúde de terceiras persoas, nos mesmos termos previstos nos artigos 2 e 3 da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, antes citados.

Así mesmo, o artigo 49 da mesma lei, na súa letra d), establece que a prestación de saúde pública por parte do Sistema público de saúde de Galicia comprende, entre outros aspectos, a prevención e o control das enfermidades transmisibles. E o seu artigo 52.4, pola súa banda, recolle a previsión de que, ante situacións de crise, alerta ou alarma de saúde pública, o Sistema público de saúde de Galicia responderá con mecanismos e accións precisas que garantan a protección da saúde da poboación.

Por último, o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, atribúe a condición de autoridade sanitaria ao Consello da Xunta e á persoa titular da consellería con competencias en sanidade e, segundo o número 2 do mesmo precepto, corresponde aos ditos órganos establecer as intervencións públicas necesarias para garantir os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía.

Neste contexto normativo, o Consello da Xunta, na súa condición de autoridade sanitaria, adopta a través do presente acordo as medidas de prevención necesarias para facer fronte sen dilación, tras a superación da fase III e o conseguinte levantamento das medidas derivadas do estado de alarma, ás necesidades urxentes e extraordinarias derivadas da crise sanitaria do COVID-19, de xeito que quede garantido, por unha banda, que a cidadanía evite comportamentos que xeren riscos de propagación da enfermidade e, por outra banda, que as actividades en que poida xerarse un maior risco de transmisión comunitaria da enfermidade se desenvolvan en condicións que permitan en todo momento previr os riscos de contaxio.

Neste sentido procede salientar que, ben que se superou a fase aguda da pandemia, debemos manter aquelas formas de vivir que se mostraron eficaces na loita contra a dita pandemia e cambiar aquelas outras que nos prexudicaron. Así, as medidas que se adoptan no presente acordo responden, por unha banda, a un equilibrio entre a necesaria protección da saúde pública e o incremento no número e intensidade das actividades que favoreza a recuperación da vida social e económica.

E, á vez, é necesario un comportamento social de cautela e autoprotección asentado fundamentalmente nas seguintes premisas: hixiene frecuente de mans; hixiene respiratoria (evitar tusir directamente ao aire e tocar a cara, o nariz e os ollos); distancia interpersoal mínima de 1,5 metros; uso de máscaras cando non sexa posible manter a distancia mínima interpersoal, así como cando se estea en contornos con moita xente, especialmente en espazos pechados; preferencia por actividades ao aire libre e de pouca duración; limpeza, hixiene e ventilación dos espazos utilizados e, especialmente, adopción de medidas de illamento e comunicación cos servizos de saúde tan pronto como se teñan síntomas compatibles co COVID-19 (febre, tose ou dificultade para respirar) ou outros síntomas, como falta de olfacto ou gusto.

O compromiso colectivo será, sen dúbida, a mellor arma na loita contra a pandemia.

En consecuencia, de conformidade coas previsións normativas antes indicadas, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, adóptase o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Obxecto

O obxecto do presente acordo é establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.

Segundo. Ámbito de aplicación e alcance

As medidas previstas no presente acordo, que se incorporan como anexo, serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

As ditas medidas enténdense dentro do necesario respecto ás competencias doutras administracións públicas e ás medidas que, no exercicio de tales competencias, estas adopten.

Terceiro. Control do cumprimento das medidas e réxime sancionador

Os servizos de inspección municipais, autonómicos, no ámbito das súas competencias, serán os encargados de vixiar o cumprimento das medidas recollidas neste acordo.

Os posibles incumprimentos serán sancionados polas autoridades competentes de acordo coa lexislación aplicable.

Cuarto. Restablecemento de determinadas actividades suspendidas

Sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que se indican a continuación, nas condicións que previamente ela estableza:

a) Os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís.

b) Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno, sen prexuízo da apertura das terrazas ao aire libre regulada no punto 3.34 do anexo.

c) As festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras.

Quinto. Plans específicos de seguridade, protocolos organizativos e guías

As medidas previstas no presente acordo poderán ser completadas por plans específicos de seguridade, protocolos organizativos e guías adaptados a cada sector de actividade, aprobados polas administracións competentes.

Sexto. Seguimento e aplicación das medidas

As medidas preventivas previstas neste acordo serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

Así mesmo, a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do presente acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas neste acordo que sexan necesarias.

En particular, habilítase o Centro de Coordinación Operativa, previsto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (publicado pola Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, DOG do 13 de marzo) para o seguimento, revisión ou adaptación ás circunstancias das previsións establecidas neste acordo.

Sétimo. Efectos

As medidas recollidas como anexo ao presente acordo, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, producirán efectos na data que se determine por decreto do presidente da Xunta de Galicia publicado no Diario Oficial de Galicia, no cal, de acordo co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 555/2020, do 5 de xuño, se dispoña formalmente a superación da fase III e, por tanto, a entrada na nova normalidade. Os efectos manteranse ata o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego.

ANEXO

Medidas de prevención

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade.

Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19.

1.2. Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuadas e etiqueta respiratoria. A obriga de uso de máscara será exixible salvo nos supostos previstos no artigo 6.2 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

2.1. Medidas de hixiene e prevención exixibles a todas as actividades.

Con carácter xeral, sen prexuízo das normas ou protocolos específicos que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público as seguintes medidas de hixiene e prevención:

a) O titular da actividade económica ou, de ser o caso, o director ou responsable dos centros, instalacións, espazos de uso público e entidades deberá asegurar que se adoptan as medidas de limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso dos establecementos, locais, instalacións ou espazos recollidas a continuación.

Nas tarefas de limpeza e desinfección prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, como pomos de portas, mesas, mobles, pasamáns, chans, teléfonos, perchas e outros elementos de similares características, conforme as seguintes pautas:

1ª) Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade viricida que se atopan no mercado e debidamente autorizados e rexistrados. No uso dese produto respectaranse as indicacións da etiqueta.

2ª) Tras cada limpeza, os materiais empregados e os equipamentos de protección utilizados desbotaranse de xeito seguro, e procederase posteriormente ao lavado de mans.

As medidas de limpeza estenderanse tamén, de ser o caso, a zonas privadas dos traballadores, tales como vestiarios, armarios, aseos, cociñas e áreas de descanso.

b) Así mesmo, cando existan postos de traballo compartidos por máis dun traballador, estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a hixienización destes postos.

Procurarase que os equipamentos ou ferramentas empregados sexan persoais e intransferibles, ou que as partes en contacto directo co corpo da persoa dispoñan de elementos substituíbles. No caso daqueles equipamentos que deban ser manipulados por diferente persoal, procurarase a dispoñibilidade de materiais de protección ou o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso.

c) No caso de que se empreguen uniformes ou roupa de traballo, procederase ao lavado e desinfección regular destes, seguindo o procedemento habitual.

d) Débense realizar tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.

e) Cando os centros, entidades, locais e establecementos dispoñan de ascensor ou montacargas, utilizaranse preferentemente as escaleiras. Cando sexa necesario utilizalos, a súa ocupación máxima será dunha persoa, salvo que se trate de persoas conviventes ou que empreguen máscaras todos os ocupantes.

f) A ocupación máxima para o uso dos aseos, vestiarios, probadores, salas de lactación ou similares de clientes, visitantes ou usuarios será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

g) Promoverase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, así como a limpeza e desinfección dos equipamentos precisos para iso.

h) Disporase de papeleiras para depositar panos e calquera outro material desbotable, que se deberán limpar de forma frecuente, e, polo menos, unha vez ao día.

i) Aqueles materiais que sexan subministrados aos usuarios durante o desenvolvemento da actividade e que sexan de uso compartido deberán ser desinfectados logo de cada uso.

2.2. Medidas de hixiene exixibles aos establecementos e locais con apertura ao público.

1. Os establecementos e locais que abran ao público realizarán, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do número 2.1.

2. Revisarase frecuentemente o funcionamento e a limpeza de sanitarios, billas e pomos de porta dos aseos nos establecementos e locais con apertura ao público.

3. Durante todo o proceso de atención ao usuario ou consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal co vendedor ou provedor de servizos, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

No caso de servizos que non permitan o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, deberase utilizar o equipamento de protección adecuado ao nivel de risco que asegure a protección tanto do traballador como do cliente.

2.3. Medidas adicionais aplicables a centros comerciais e parques comerciais abertos ao público.

Ademais do disposto, os centros e parques comerciais abertos ao público deberán cumprir as condicións seguintes:

a) O uso de aseos familiares e salas de lactación restrinxirase a unha única familia, non poderán compaxinar o seu uso dúas unidades familiares e deberase reforzar a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

b) O uso dos aseos e salas de lactación comúns dos centros e parques comerciais deberá ser controlado polo persoal destes, e deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

c) Deberase proceder diariamente á limpeza e desinfección das zonas comúns e zonas recreativas dos centros e parques comerciais, como de maneira regular durante o horario de apertura, prestando especial atención ás áreas de contacto das zonas comúns, tales como chans, mostradores, xogos das zonas infantís e bancos ou cadeiras.

2.4. Medidas adicionais aplicables a dispositivos de venda e cobro automático, máquinas expendedoras e de cobro, lavanderías autoservizo e actividades similares.

No caso de dispositivos de venda e cobramento automático, máquinas expendedoras e de cobramento, lavandarías autoservizo e outras actividades similares, o seu titular deberá asegurar o cumprimento das medidas de hixiene e desinfección adecuadas tanto das máquinas como dos establecementos e locais, así como informar os usuarios do seu correcto uso mediante a instalación de cartelaría informativa.

Nas tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes e deberanse realizar tarefas de ventilación periódica nas instalacións e, como mínimo, de forma diaria e durante o tempo necesario para permitir a renovación do aire.

Fomentarase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos.

Deberase dispor de papeleiras onde poder depositar panos e calquera outro material desbotable. As ditas papeleiras deberanse limpar de forma frecuente e, polo menos, unha vez ao día.

2.5. Medidas relativas á hixiene dos clientes e usuarios en establecementos e locais.

1. O tempo de permanencia nos establecementos e locais será o estritamente necesario para que os clientes ou usuarios poidan realizar as súas compras ou recibir a prestación do servizo.

2. Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou usuarios, con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelaría ou sinalización. Poderanse establecer no local itinerarios para dirixir a circulación de clientes ou usuarios para evitar aglomeracións en determinadas zonas e previr o contacto entre clientes.

3. Deberanse pór á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, en lugares accesibles e visibles, e, en todo caso, na entrada do local ou establecemento, e deberán estar sempre en condicións de uso.

4. Non se poderán pór á disposición do público produtos de uso e proba que impliquen manipulación directa por sucesivos clientes ou usuarios, sen supervisión de xeito permanente dun traballador que poida proceder á súa desinfección tras a manipulación do produto por cada cliente ou usuario.

5. Nos establecementos do sector comercial téxtil, de arranxos de roupa e similares, os probadores deberaos utilizar unha única persoa e deberá procederse a unha limpeza e desinfección frecuente destes espazos.

No caso de que un cliente probe unha peza que posteriormente non adquira, o titular do establecemento implementará medidas para que a peza sexa hixienizada antes de que sexa facilitada a outros clientes. Esta medida será tamén aplicable ás devolucións de pezas que realicen os clientes.

6. No caso de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso. No entanto, estableceranse os mecanismos e procesos oportunos para garantir a hixienización destes obxectos.

7. Deberase proceder á limpeza e desinfección frecuente de calquera tipo de dispositivo, así como de cadeiras, mesas ou calquera outro mobiliario ou superficie de contacto que empreguen distintos usuarios.

2.6. Medidas de hixiene e prevención na prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

Ademais das indicadas, na prestación do servizo nos establecementos de hostalería e restauración deberán respectarse as seguintes medidas de hixiene e prevención:

a) Limpeza e desinfección do equipamento, en particular mesas, cadeiras, barra, así como calquera outra superficie de contacto, de forma frecuente. Así mesmo, deberase proceder á limpeza e desinfección do local polo menos unha vez ao día. Nas tarefas de limpeza prestarase especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto máis frecuentes, conforme o establecido na letra a) do número 2.1.

b) Priorizarase a utilización de mantelarías dun só uso. No caso de que isto non fose posible, deberá evitarse o uso da mesma mantelaría ou gardamanteis con distintos clientes, optando por materiais e solucións que faciliten o seu cambio entre servizos e o seu lavado mecánico en ciclos de lavado entre 60 e 90 graos centígrados.

c) Procurarase evitar o emprego de cartas de uso común, promovendo o uso de dispositivos electrónicos propios, encerados, carteis ou outros medios similares.

d) Os elementos auxiliares do servizo, como a vaixela, cristalaría, xogos de cubertos ou mantelaría, entre outros, almacenaranse en recintos pechados e, se isto non fose posible, lonxe de zonas de paso de clientes e traballadores.

e) Priorizarase o uso de produtos monodose desbotables, ou o seu servizo noutros formatos baixo petición do cliente, para dispensación de panos de mesa, escarvadentes, vinagreiras, aceiteiras e outros utensilios similares.

f) Nos establecementos que conten con zonas de autoservizo, deberá evitarse a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes, polo que deberá prestar o servizo un traballador do establecemento, salvo no caso de que se trate de produtos envasados previamente.

g) Se o uso dos aseos ou similares está permitido por clientes, visitantes ou usuarios, a súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos aseos garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

h) O persoal traballador que realice o servizo en mesa e en barra deberá procurar a distancia de seguridade co cliente e aplicar os procedementos de hixiene e prevención necesarios para evitar o risco de contaxio. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para o persoal destes establecementos na súa atención ao público.

2.7. Medidas de hixiene e prevención na celebración de actos de culto relixioso.

1. Sen prexuízo das recomendacións de cada confesión nas cales se teñan en contan as condicións do exercicio do culto propias de cada unha delas, deberanse observar as seguintes medidas:

a) Uso de máscara na entrada e saída do recinto e nos desprazamentos no interior entre espazos comúns.

b) Diariamente deberanse realizar tarefas de desinfección dos espazos utilizados ou que se vaian utilizar e de xeito regular reiterarase a desinfección dos obxectos que se tocan con maior frecuencia.

c) Organizaranse as entradas e saídas para evitar aglomeracións de persoas nos accesos e inmediacións dos lugares de culto.

d) Poranse á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados en lugares accesibles e visibles, e, en todo caso, na entrada do lugar de culto, que deberán estar sempre en condicións de uso.

e) Non se permitirá o uso de auga bendicida e as ablucións rituais deberán realizarse na casa.

f) Facilitarase no interior dos lugares de culto a distribución dos asistentes sinalizando, se fose necesario, os asentos ou zonas utilizables en función da capacidade permitida en cada momento.

g) Nos casos en que os asistentes se sitúen directamente no chan e se descalcen antes de entrar no lugar de culto, usaranse alfombras persoais e situarase o calzado nos lugares estipulados, embolsado e separado.

h) Limitarase ao menor tempo posible a duración dos encontros ou celebracións.

i) Durante o desenvolvemento das reunións ou celebracións evitarase o contacto persoal, tocar ou bicar obxectos de devoción ou outros obxectos que habitualmente se manexen.

2. Non estará permitida a actuación de coros durante as celebracións.

2.8. Medidas de hixiene e prevención en piscinas de uso colectivo.

1. Sen prexuízo de aplicación das normas técnico-sanitarias vixentes, nas piscinas de uso colectivo deberase levar a cabo a limpeza e desinfección das instalacións, con especial atención aos espazos pechados como vestiarios ou baños, con carácter previo á apertura de cada xornada.

2. Así mesmo, deberanse limpar e desinfectar os diferentes equipamentos e materiais como vasos, liñas de separación, material auxiliar de clases, reixa perimetral, caixa de primeiras auxilios, armarios, así como calquera outro en contacto cos usuarios, que forme parte da instalación.

3. Os biocidas que se deberán utilizar para a desinfección de superficies serán aqueles do tipo de produto 2, referidos no anexo V do Regulamento (UE) nº 528/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de maio de 2012, relativo á comercialización e o uso dos biocidas. Así mesmo, poderanse utilizar desinfectantes como dilucións de lixivia 1:50 recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade viricida que se atopan no mercado e que estean debidamente autorizados e rexistrados.

4. O uso e limpeza dos aseos levarase a cabo de conformidade co previsto na letra a) do número 2.1.

2.9. Medidas de hixiene e prevención comúns aos colectivos artísticos.

1. Ademais das medidas xerais de hixiene e prevención previstas, serán aplicables aos colectivos artísticos que desenvolvan actos e espectáculos culturais as seguintes medidas:

a) Cando haxa varios artistas simultaneamente no escenario, a dirección artística procurará que se manteña a distancia interpersoal de seguridade no desenvolvemento do espectáculo.

b) Naquelas actuacións ou espectáculos en que non se poida manter a dita distancia de seguridade, nin o uso de equipamentos de protección adecuados ao nivel de risco, como é o caso daqueles en que interveñan actores e actrices, atenderase a medidas de seguridade deseñadas para cada caso particular a partir dos protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias.

c) Tanto nas representacións como nos ensaios garantirase a limpeza e desinfección de todas as superficies e instrumentos con que poidan entrar en contacto os artistas antes de cada representación ou ensaio.

d) O vestiario non se compartirá en ningún momento por diferentes artistas se non se realizou unha limpeza e desinfección deste previa á utilización por cada artista.

2.10. Medidas de hixiene e prevención na produción e rodaxe de obras audiovisuais.

1. Ademais do cumprimento das medidas xerais de prevención e hixiene previstas, durante o transcurso dunha produción audiovisual deberanse cumprir as seguintes medidas:

a) Os equipamentos de traballo reduciranse ao número imprescindible de persoas.

b) Cando a natureza da actividade o permita, manterase a correspondente distancia interpersoal con terceiros.

c) Cando a natureza da actividade non permita respectar a distancia interpersoal, os implicados farán uso de equipamentos de protección adecuados ao nivel de risco como medida de protección.

d) Nos casos en que a natureza do traballo non permita respectar a distancia interpersoal nin o uso de equipamentos de protección adecuados ao nivel de risco, como é o caso dos actores e actrices, atenderase a medidas de seguridade deseñadas para cada caso particular a partir das recomendacións das autoridades sanitarias.

2. Poderanse realizar rodaxes en estudos e espazos privados, así como en espazos públicos que conten coa correspondente autorización do concello.

Os recintos pechados deberán limparse e desinfectarse previamente á realización da rodaxe.

Poderán rodarse en estudos e espazos privados ao aire libre tras a avaliación de riscos laborais e a adopción das medidas preventivas correspondentes.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Medidas en materia de control de capacidade.

1. Os establecementos, instalacións e locais deberán expor ao público a capacidade máxima, que deberá incluír os propios traballadores e asegurar que a dita capacidade e a distancia de seguridade interpersoal se respecta no seu interior, polo que se deberán establecer procedementos que permitan o reconto e control da capacidade, de forma que esta non sexa superada en ningún momento.

2. A organización da circulación de persoas e a distribución de espazos deberá procurar a posibilidade de manter a distancia de seguridade interpersoal. Na medida do posible estableceranse itinerarios para dirixir a circulación de clientes e usuarios e evitar aglomeracións en determinadas zonas, tanto no interior como no exterior, e previr o contacto entre eles. Cando se dispoña de dúas ou máis portas, procurarase establecer un uso diferenciado para a entrada e a saída, co obxecto de reducir o risco de formación de aglomeracións.

3. Cando se dispoña de aparcamentos propios para traballadores e usuarios, establecerase un control de accesos para mellor seguimento das normas de capacidade. Na medida do posible as portas que se atopen no percorrido entre o aparcamento e o acceso á tenda ou aos vestiarios dos traballadores disporán de sistemas automáticos de apertura ou permanecerán abertas para evitar a manipulación dos mecanismos de apertura.

4. De ser o caso, o persoal de seguridade velará para que se respecte a distancia interpersoal de seguridade e evitará a formación de grupos numerosos e aglomeracións, prestando especial atención ás zonas de escaleiras mecánicas, ascensores, zonas comúns de paso e zonas recreativas.

5. En caso necesario, poderanse utilizar valos ou sistemas de sinalización equivalentes para un mellor control dos accesos e xestión das persoas par os efectos de evitar calquera aglomeración.

6. En calquera caso, a sinalización de percorridos obrigatorios e independentes ou outras medidas que se establezan realizaranse tendo en conta o cumprimento das condicións de evacuación exixibles na normativa aplicable.

3.2. Medidas para a entrada, saída e circulación de público espectador ou asistente en establecementos.

1. Recomendarase a venda en liña da entrada e, en caso de compra en billeteira, fomentarase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos.

2. Procurarase sempre que os espectadores ou asistentes estean sentados e manteñan a distancia interpersoal de seguridade fixada, salvo que o tipo de actividade non o permita.

3. Recoméndase, en función das características da actividade e do local pechado ou do espazo ao aire libre en que se desenvolva, que todas as entradas e os asentos estean debidamente numerados, e deberán inhabilitarse as butacas que non cumpran cos criterios de distanciamento físico, así como as non vendidas. Evitarase, no posible, o paso de persoas entre filas que supoña non respectar a distancia de seguridade.

4. A apertura de portas realizarase con antelación suficiente para permitir un acceso graduado, polo que se deberán fixar franxas horarias adecuadas para o acceso. A saída do público deberá realizarse de forma graduada por zonas, garantindo a distancia entre persoas.

5. Nos espectáculos en que existan pausas intermedias, estas deberán ter a duración suficiente para que a saída e a entrada durante o descanso tamén sexa graduada e cos mesmos condicionamentos que a entrada e saída de público.

6. Utilizarase a máscara cando non se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal e durante todo o tempo de circulación entre espazos comúns e nos momentos de entrada e saída.

7. Facilitarase a agrupación de conviventes, mantendo a debida distancia de seguridade co resto dos espectadores.

8. Realizaranse, antes e logo da actividade de que se trate, avisos que anuncien e recorden as medidas de hixiene e distanciamento e o escalonamento na saída do público.

9. Procurarase manter a distancia de seguridade interpersoal entre os traballadores e o público ou, na súa falta, utilizaranse medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3.3. Velorios e enterros.

1. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas, cun límite máximo, en cada momento, de sesenta persoas en espazos ao aire libre ou de trinta persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

2. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de setenta e cinco persoas, entre familiares e achegados, ademais, de ser o caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

3. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no local se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.4. Lugares de culto.

1. A asistencia a lugares de culto non poderá superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade. A capacidade máximá deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

2. A utilización do exterior dos edificios ou da vía pública para a celebración de actos de culto deberá ser aprobada pola autoridade municipal correspondente, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3.5. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

1. No caso que estas cerimonias ou celebracións se leven a cabo en lugares de culto, deberán aplicarse as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención na celebración de actos de culto relixioso recollidas especificamente neste acordo.

2. As celebracións que puidesen ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.

3. No caso de que a cerimonia, ou a súa celebración posterior que implique algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, se leve a cabo noutro tipo de espazo ou instalación, pública ou privada, que non se inclúa especificamente neste acordo, deberase respectar un máximo do setenta e cinco por cento da súa capacidade e, en todo caso, un máximo de duascentas cincuenta persoas en espazos ao aire libre ou de cento cincuenta persoas en espazos pechados.

3.6. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros o parques comerciais.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros o parques comerciais non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.

3.7. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1. Nos centros ou parques comerciais no poderá superarse o 50 por cento da capacidade nas súas zonas comúns e recreativas determinada no Plan de autoprotección de cada centro ou parque comercial.

2. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada unha delas deberá gardar esta mesma proporción.

3. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns e recreativas, como poden ser zonas infantís ou áreas de descanso ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara, así como evitar as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.

4. Procurarase a atención con servizo preferente para maiores de 65 anos.

3.8. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

1. No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como mercadillos, non poderán superar o setenta e cinco por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.

Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimentarios e de primeira necesidade, asegurando que non se manipulen os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.

Os concellos establecerán requisitos de distanciamento entre postos e condicións de delimitación do mercado co obxectivo de procurar manter a distancia de seguridade interpersoal entre traballadores, clientes e viandantes ou, na súa falta, será precisa a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Durante todo o proceso de atención ao consumidor deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal establecida entre o vendedor e o consumidor, que poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira.

3. Deberá sinalarse de forma clara a distancia de seguridade interpersoal entre clientes, con marcas no chan ou mediante o uso de balizas, cartelaría e sinalización para aqueles casos en que sexa posible a atención individualizada de máis dun cliente ao mesmo tempo.

4. Recoméndase a posta á disposición de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados nas inmediacións dos mercados ao aire libre ou de venda non sedentaria na vía pública.

5. Realizarase, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalacións con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes, especialmente mostradores e mesas ou outros elementos dos postos, anteparos, de ser o caso, teclados, terminais de pagamento, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

6. Procurarase evitar a manipulación directa dos produtos por parte dos clientes.

3.9. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.

1. A actividade que se realice en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación non incluídos no ámbito de aplicación do artigo 9 do Real decreto lei 21/2020, de 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, inscritos no correspondente rexistro, poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do setenta e cinco por cento respecto do máximo permitido e cun máximo de ata vinte e cinco persoas.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. No caso de utilización de vehículos será obrigatorio o uso de máscara tanto polo persoal docente como polo alumnado ou o resto de ocupantes do vehículo.

3.10. Reinicio de determinada actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

O reinicio das accións formativas presenciais (incluída a parte presencial da modalidade de teleformación) de formación profesional para o emprego xestionadas e/ou financiadas pola Administración autonómica que se desenvolvan en centros e entidades de formación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego financiados pola Administración autonómica, levarase a cabo cando así se acorde mediante resolución da dirección xeral competente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na cal se establecerán as condicións de seguridade e saúde laboral que deberán cumprir as entidades públicas e privadas que impartan as correspondentes accións formativas.

3.11. Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.

2. O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes ou, de ser o caso, grupos de clientes situados na barra ou entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas.

3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao oitenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do oitenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de vinte e cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.

3.12. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o setenta e cinco por cento da súa capacidade.

Para iso cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima previsto e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de vinte e cinco persoas. Deberase respectar a distancia de seguridade interpersoal entre as persoas que asistan á actividade e entre estes e o animador ou adestrador, ou utilizar máscaras na súa falta. As actividades de animación ou clases grupais realizaranse preferentemente ao aire libre e procurarase evitar o intercambio de material.

3. Realizarase a correspondente desinfección de obxectos e material utilizado nas actividades de animación logo de cada uso e disporase de xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade viricida debidamente autorizados e rexistrados.

4. No caso de instalacións deportivas de hoteis e aloxamentos turísticos, tales como piscinas ou ximnasios, aplicaranse as medidas establecidas especificamente para estas. Determinaranse por cada establecemento as directrices e recomendacións para o seu uso, de acordo coas normas de prevención e hixiene previstas neste acordo, e garantirase o seu coñecemento por parte dos usuarios.

3.13. Albergues turísticos.

1. Na modalidade de aloxamento turístico de albergue, polas súas especiais características, permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da súa capacidade total.

2. As persoas titulares do establecemento adoptarán as medidas organizativas oportunas para evitar aglomeracións e para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física dos clientes entre si mesmos e destes con respecto dos traballadores con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustaranse ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.14. Bibliotecas.

1. As bibliotecas, tanto de titularidade pública como privada, prestarán os servizos para as actividades de préstamo e devolución de obras, lectura en sala, información bibliográfica e bibliotecaria e préstamo interbibliotecario, así como o resto de actividades ordinarias propias do servizo bibliotecario, sen que na ocupación de salas podan superar o setenta e cinco por cento sobre a súa capacidade ou capacidade máxima permitida Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nelas.

2. Poderase facer uso dos medios tecnolóxicos das bibliotecas destinados para o uso público, así como de catálogos de acceso público en liña, catálogos en fichas da biblioteca ou publicacións electrónicas.

3. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.15. Arquivos.

1. Os arquivos prestarán os seus servizos de maneira presencial ou por vía telemática, mediante solicitude e petición que será atendida polo persoal técnico. Poderán realizarse actividades presenciais nos arquivos sen superar o setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida.

2. Os cidadáns poderán solicitar a consulta presencial de ata dez documentos ou unidades da instalación física en que estes se atopen, por xornada de traballo. Estas consultas deberán realizarse nas dependencias establecidas para este fin.

4. Os dispositivos tecnolóxicos dos arquivos, destinados para o uso público dos cidadáns, poderán ser empregados por usuarios e investigadores. Estes poderán, con todo, utilizar os seus equipamentos e recursos persoais con conectividade á rede durante a súa estadía nas salas de consulta ou naquelas que se habiliten para tal fin.

5. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

6. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.16.Museos e salas de exposicións.

1. Os museos e salas de exposicións, de titularidade pública ou privada, poderán acoller tanto as visitas do público á colección e ás exposicións temporais, como a realización de actividades culturais ou didácticas sen superar un límite do setenta e cinco por cento da capacidade permitida para cada unha das súas salas e espazos públicos.

Este límite máximo de capacidade aplicarase tamén naqueles eventos que impliquen concorrencia de varias persoas nun mesmo espazo, tales como actividades educativas, conferencias, talleres, concertos e, en xeral, programas públicos.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. As visitas de grupos serán dun máximo de ata vinte e cinco persoas, incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4. O persoal de atención ao público do museo ou sala informará os visitantes sobre as medidas de hixiene e prevención fronte ao COVID-19 que deben observarse durante a visita e velarán polo seu cumprimento.

5. Promoveranse aquelas actividades que eviten a proximidade física entre os participantes, e primaranse as actividades de realización autónoma. Reforzarase o deseño de recursos educativos, científicos e divulgativos de carácter dixital que permitan a función como institucións educativas e transmisoras de coñecemento por medios alternativos aos presenciais. Na medida do posible o uso dos elementos expostos deseñados para un uso táctil por parte do visitante estará inhabilitado.

6. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.17. Monumentos e outros equipamentos culturais.

1. Os monumentos e outros equipamentos culturais serán accesibles para o público sempre que as visitas non superen o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, calculada respecto da capacidade prevista no correspondente Plan de autoprotección do inmoble ou recinto para os seus espazos pechados e libres.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. As visitas de grupos serán dun máximo de ata vinte e cinco persoas, incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4. Na medida do posible estableceranse percorridos obrigatorios para separar circulacións ou organizar horarios de visitas para evitar aglomeracións de visitantes e evitar interferencias entre distintos grupos ou visitas. As zonas onde se desenvolvan traballos de mantemento serán acoutadas para evitar interferencias coas actividades de visita.

5. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que no establecemento se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.18. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

1. Os cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares poderán desenvolver a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o setenta e cinco por cento da capacidade permitida en cada sala.

2. No caso doutros recintos, locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas distintos dos previstos no parágrafo anterior, poderán desenvolver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, cun límite máximo de trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas tratándose de actividades ao aire libre.

3. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.19. Centros de lecer infantil.

Permanecerán pechados os establecementos que se destinen a ofrecer xogos e atraccións recreativas deseñados especificamente para público de idade igual ou inferior a 12 anos, espazos de xogo e entretemento, así como a celebración de festas infantís.

Non obstante, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a súa actividade poderá restablecerse cando a Administración autonómica así o permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se aproban as medidas contidas neste anexo.

3.20. Actividade e instalacións deportivas.

1. A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata vinte e cinco persoas, sen contacto físico, e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

3. Cada instalación deportiva deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións que, de ser o caso, poidan preverse nun protocolo básico aprobado polo Centro de Coordinación Operativa por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte.

4. Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:

a) Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

b) As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos habilitados para ese fin.

c) Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.

d) Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.

e) Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.

f) Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

5. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.21. Práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica.

1. A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso dos adestramentos. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo. No caso de realizarse en instalacións deportivas, a práctica axustarase ademais aos termos establecidos para as mesmas.

2. Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade interpersoal. Para estes efectos, para a realización de adestramentos e a celebración de competicións, as federacións deportivas galegas deberán dispor dun protocolo, que será aprobado mediante resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, no que se identifiquen as situacións potenciais de contaxio, atendendo ás vías recoñecidas polas autoridades sanitarias, e no que se establezan as medidas de tratamento de risco de contaxio adaptadas á casuística.

O dito protocolo será de obrigada observancia para o conxunto dos estamentos federativos e deberá publicarse na páxina web da federación deportiva.

3.22. Celebración de eventos deportivos.

1. A organización dos eventos deportivos recollidos no artigo 22 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, axustarase aos requirimentos establecidos pola normativa sectorial en vigor e polas normas que, de ser o caso, sexan aprobadas polas autoridades competentes.

2. Os organizadores de eventos deportivos deberán contar cun protocolo específico no ámbito do COVID-19, que será trasladado á autoridade competente e que deberá ser comunicado aos seus participantes. Deberán incluírse no dito protocolo as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal con e entre os espectadores ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara por parte destes.

3.23. Asistencia de público en instalacións deportivas.

Sen prexuízo das competencias atribuídas no artigo 15.2 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e do establecido no punto anterior, no caso dos adestramentos, competicións ou eventos que se celebren en instalacións deportivas, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, cun límite máximo de trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas tratándose de actividades ao aire libre.

3.24. Piscinas.

1. As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do setenta e cinco por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado.

2. Na utilización das piscinas procurarase manter as debidas medidas de seguridade e protección, especialmente na distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios.

3. Nas zonas de estancia das piscinas establecerase unha distribución espacial para procurar a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios non conviventes, mediante sinais no chan ou marcas similares. Todos os obxectos persoais, como toallas, deben permanecer dentro do perímetro establecido, evitando contacto co resto de usuarios. Habilitaranse sistemas de acceso que eviten a acumulación de persoas e que cumpran coas medidas de seguridade e protección sanitaria.

4. Recordaránselles aos usuarios, por medios de cartelaría visible ou mensaxes de megafonía, as normas de hixiene e prevención que se deberán observar, sinalando a necesidade de abandonar a instalación ante calquera síntoma compatible co COVID-19.

5. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación do servizo axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.25. Actividade cinexética.

1. Está permitida a actividade cinexética en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, se utilicen medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Para o desenvolvemento da actividade cinexética organizada que implique máis dun cazador, deberase dispor dun plan de actuación por parte do responsable da cazaría, no cal se detallen as medidas de prevención e hixiene que se deberán observar. O contido do dito plan deberá ser trasladado a todos os participantes, co fin de garantir o seu coñecemento por estes con carácter previo, e deberá ser presentado, así mesmo, xunto coa correspondente solicitude de autorización de cazaría, de ser ou caso.

3. Non se compartirán utensilios de caza, nin trebellos de comida ou de bebida.

3.26. Pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa.

1. Está permitida a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, se utilicen medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

2. Non se compartirán utensilios de pesca, nin trebellos de comida ou de bebida.

3.27. Especificidades para determinadas actividades de natureza e turística.

1. Poderanse realizar actividades de uso público en todos os espazos naturais que integran a rede galega de espazos protexidos, de conformidade co que dispoñan os seus respectivos instrumentos de planificación e no presente acordo.

A dirección xeral competente en materia de espazos naturais protexidos poderá adoptar medidas restritivas no acceso aos espazos naturais protexidos, cando se considere que pode existir risco de formación de aglomeracións.

As devanditas medidas incluirán, entre outras, o control da capacidade dos aparcamentos, das zonas de descanso, así como das sendas e puntos de acceso, ademais do reforzamento da vixilancia en materia de protección do medio natural.

Os visitantes dos espazos naturais protexidos deberán procurar a circulación pola súa dereita no seu tránsito por camiños e pasarelas co obxecto de manter a distancia de seguridade interpersoal e un tránsito fluído.

2. Poderán realizarse actividades de turismo activo e de natureza, organizadas por empresas habilitadas como empresas de turismo activo, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. Poderá realizarse a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de vinte e cinco persoas, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara. En calquera caso, deberán respectarse as condicións en que deba desenvolverse a actividade de visita a monumentos e outros equipamentos culturais e procurarase evitar o tránsito por zonas ou lugares susceptibles de xerar aglomeracións.

4. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.28. Centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información.

1. Nos centros de interpretación e visitantes, nas aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos non se poderá exceder o setenta e cinco por cento da súa capacidade.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.29. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao 75 por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 250 participantes, incluíndo os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50 por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 150 participantes, incluíndo os monitores.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento das actividades ou, no seu defecto, para a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara. En todo caso, seguiranse os protocolos que se elaboren para este tipo de actividades.

3. As actividades deberán realizarse en grupos de ata 15 persoas participantes, máis os monitores correspondentes, que intentarán traballar, na medida do posible, sen contacto entre os demais grupos.

3.30. Uso das praias.

1. Os usuarios das praias deberán facer un uso responsable delas e das súas instalacións, tanto desde o punto de vista ambiental como sanitario, cumprindo para iso coas recomendacións, medidas e normas establecidas polas autoridades sanitarias.

2. A ocupación máxima no uso de duchas e lavapés ao aire libre, aseos, vestiarios e outros servizos públicos similares será dunha persoa, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, as cales poderán contar co seu acompañante. Deberá reforzarse a limpeza e desinfección dos referidos espazos, garantindo sempre o seu estado de salubridade e hixiene.

3. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios, salvo no caso de conviventes.

4. Os concellos poderán establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias co fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios Para iso poderán tamén establecer límites nos tempos de permanencia nelas, así como no acceso aos aparcamentos en prol de facilitar o control da capacidade das praias.

Para os efectos de calcular a capacidade máxima permitido por cada praia, considerarase que a superficie de praia que vai ocupar cada usuario será de aproximadamente catro metros cadrados.

5. Os concellos asegurarán que se realiza unha limpeza e desinfección das instalacións e bens das praias usando para iso substancias que non resulten prexudiciais para o ambiente.

6. Recordaráselles aos usuarios, mediante cartelaría visible ou outros medios, as normas de hixiene e prevención que se deberán observar, sinalando a necesidade de abandonar a instalación ante calquera síntoma compatible co COVID-19.

7. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de exista algún tipo de actividade de hostalaría e restauración que se realice nas praias, incluídas as que se realicen en instalacións descubertas, con concesión ou autorización de ocupación ou aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre, a prestación do servizo de hostalería ou restauración axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

8. Os responsables de negocios de motos acuáticas, hidropedais e de calquera outro elemento deportivo ou de recreo similares deberán cumprir co disposto nas medidas de hixiene e prevención establecidas. Todos os vehículos deberán ser limpados e desinfectados antes de cada uso e, do mesmo xeito, as hamacas ou calquera outro obxecto de uso rotatorio deberán ser limpados e desinfectados cando se cambie de usuario.

3.31. Centros recreativos turísticos, zoolóxicos e acuarios.

1. Os centros recreativos turísticos, zoolóxicos e acuarios poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total aos dous terzos e ao cincuenta por cento nas atraccións.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. As visitas de grupos serán dun máximo de ata vinte e cinco persoas, incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

4. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.32. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física.

3. Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparatos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

4. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

3.33. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

1. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de trescentas persoas sentadas para lugares pechados e de mil persoas sentadas tratándose de actividades ao aire libre.

O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal durante a súa celebración ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.34. Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.

1. Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno poderán manter abertas ao público exclusivamente as terrazas ao aire libre, para consumo sentado en mesa, nas condicións que se indican a continuación.

Non obstante, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, o resto da súa actividade poderá restablecerse cando a Administración autonómica así o permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se aproban as medidas contidas neste anexo.

2. As terrazas ao aire libre destes establecementos limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo exterior ao local non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de vinte e cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, deberán aplicarse as condicións previstas especificamente para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.35. Festas, verbenas, outros eventos populares e atraccións de feiras.

As festas, verbenas e outros eventos populares, así como as atraccións de feiras, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, poderán restablecer a súa actividade cando a Administración autonómica así o permita, de conformidade co establecido no punto cuarto do acordo polo que se aproban as medidas contidas neste anexo.

3.36. Actividade de prazas, recintos e instalacións taurinas.

1. Todas as prazas, recintos e instalacións taurinas ao aire libre poderán desenvolver a súa actividade taurina sempre que conten con butacas preasignadas e non se supere a metade da capacidade autorizada, e en todo caso, un máximo de oitocentas persoas.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal durante a actividade ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.37. Establecementos e locais de xogo e apostas.

1. Os casinos, establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se superen os dous terzos da capacidade permitida.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas súas instalacións, especialmente na disposición e uso das máquinas ou de calquera outro dispositivo de xogo nos locais e establecementos en que se desenvolvan actividades ou, na súa falta, para a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

3.38. Lonxas.

Nas lonxas deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3.39. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local o establecemento comercial para o que non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade no presente acordo, ou nin en protocolos ou normativa específica que lles sexa aplicable, non poderá superar o setenta e cinco por cento da capacidade autorizada ou establecida.

Non obstante, o disposto no parágrafo anterior non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelería, combustible para a automoción, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as medias xerais de hixiene e protección.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal ou, no seu defecto, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, a xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.

4. Medidas específicas respecto de centros, servizos e establecementos sanitarios e de servizos sociais

4.1. Obriga de información sobre casos de COVID-19.

1. Todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios, públicos ou privados, da Comunidade Autónoma de Galicia estarán obrigados a notificar con carácter urxente:

a) Todos os casos confirmados e probables de COVID-19, tanto nas persoas usuarias coma no persoal dos centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Todos os falecementos que poidan estar relacionados co COVID-19, con independencia da súa causa inmediata.

2. O procedemento a través do cal se ten que levar a cabo esta notificación será o establecido pola dirección xeral competente en materia de saúde pública, tendo en conta o carácter de enfermidade de declaración obrigatoria da COVID-19, establecido polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño.

4.2. Centros, servizos e establecementos sanitarios.

1. Os titulares ou directores dos distintos centros, servizos e establecementos sanitarios, de natureza pública ou privada, deberán adoptar as medidas organizativas, de prevención e hixiene necesarias do seu persoal traballador e dos pacientes, co obxecto de aplicar as recomendacións emitidas nesta materia, relativas á distancia de seguridade interpersoal, uso de máscaras en sitios pechados de uso público, capacidade, hixiene de mans e respiratoria, así como calquera outra medida que establezan as autoridades competentes.

2. Estas medidas deberán aplicarse na xestión dos espazos do centro, accesos, zonas de espera e na xestión das citas dos pacientes, así como na regulación de acompañantes ou visitas, tendo en conta a situación e actividade de cada centro.

3. Así mesmo, adoptarán as medidas necesarias para garantir a protección da seguridade e saúde do seu persoal traballador, a limpeza e desinfección das áreas utilizadas e a eliminación de residuos, así como o mantemento adecuado dos equipamentos e instalacións.

4. Estarán obrigados a colaborar coas autoridades sanitarias e de política social nos labores de vixilancia, prevención e control do COVID-19.

4.3. Centros, servizos e establecementos de servizos sociais.

1. Permanecerán pechados, mentres non se dite resolución da consellería competente en materia de política social que acorde a súa reapertura:

a) Os servizos e centros de atención á infancia, como escolas infantís 0-3, puntos de atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas.

b) As residencias de tempo libre.

c) Os espazos xoves.

d) Os albergues e campamentos xuvenís dependentes da Consellería de Política Social. Os demais incluídos no censo da Dirección Xeral de Xuventude poderán desenvolver a súa actividade nas condicións establecidas no punto 3.29 destas medidas.

e) As residencias xuvenís.

f) Os centros sociocomunitarios de benestar.

g) Os servizos de conciliación de carácter grupal complementarios de programas de inclusión social, agás aquelas actividades de conciliación nas cales se presta atención individualizada, que se deberán levar a cabo no domicilio da persoa usuaria ou ben nun espazo específico e non compartido con outras persoas, sexan profesionais ou participantes deste ou outros servizos.

h) Os centros de atención diúrna para persoas maiores ou persoas con discapacidade e centros ocupacionais, agás para a realización de terapias individuais en domicilios ou centros con cita previa.

i) Casas do maior.

A resolución pola que se acorde a reapertura poderá establecer condicións específicas para o desenvolvemento das actividades dos ditos centros e servizos, logo de informe da consellería competente en materia de sanidade, e unha vez aprobados os plans de continxencia previstos no Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

2. Poderán permanecer abertos coa seguinte limitación de capacidade ou ocupación:

a) Os centros de atención social continuada, ata o setenta e cinco por cento da capacidade.

b) Os comedores sociais, ata dous terzos da capacidade.

c) As actividades formativas e demais actuacións grupais de inclusión, ata o setenta e cinco por cento da capacidade.

d) As escolas de educación no tempo libre, reguladas no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e se actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, ata o setenta e cinco por cento da capacidade.

e) As hospedarías das casas do mar, que estarán abertas nas mesmas condicións establecidas para os establecementos hoteleiros.

Estas porcentaxes poderán modificarse mediante resolución da consellería competente en materia de política social, que poderá tamén establecer condicións específicas para o desenvolvemento das actividades, logo de informe da consellería competente en materia de sanidade.

3. Os demais centros e servizos non previstos nos números anteriores, ao ter xa actividade, continuarán a aplicar no seu funcionamento as normas, protocolos e acordos aprobados polas autoridades autonómicas competentes.

No caso das residencias e centros de atención temperá, deberán adecuar a súa actividade ás previsións contidas no Plan de reactivación no ámbito sociosanitario en relación coa infección polo virus SARS-COV-2, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 15 de maio de 2020.

4. Na prestación dos servizos e/ou utilización dos centros e instalacións deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, de ser o caso, a utilización de medidas alternativas de protección física con uso de máscara.

Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

4.4. Inspección dos servizos sanitarios.

Os centros, servizos e establecementos de servizos sociais quedarán suxeitos á inspección dos servizos sanitarios que, de ser o caso, poida proceder. Os/as inspectores/as e subinspectores/as de servizos sanitarios estarán autorizados/as para entrar libremente e sen notificación previa, en calquera momento, nestes centros; proceder a realizar as probas, investigacións e exames e tomar as mostras ou recoller a documentación que consideren necesaria, así como ordenar cantas actuacións sexan precisas para cumprir coas normas vinculadas ao control do COVID-19.

4.5. Intervención de centros residenciais.

Facúltase a autoridade sanitaria autonómica competente, en función da situación epidémiolóxica e asistencial de cada centro residencial ou territorio concreto, e sempre atendendo a principios de necesidade e de proporcionalidade, a intervir os centros residenciais, de carácter público ou privado, e dispor dunha serie de actuacións neles, que poderán consistir en:

a) Asumir ou controlar a asistencia sanitaria dos e das residentes co persoal sanitario propio da residencia.

b) Trasladar as/os residentes a outro recurso residencial, con independencia do seu carácter público ou privado.

c) Supervisar e asesorar nas actuacións que leva a cabo o persoal sanitario e non sanitario, de ser o caso, da residencia.

d) Designar un empregado público para dirixir e coordinar a actividade asistencial destes centros podendo dispor dos recursos materiais e humanos do centro residencial intervido, así como dos recursos vinculados coa actividade sanitaria asistencial que se presta de forma habitual aos residentes nel.

e) Apoiar puntualmente a residencia con persoal, de ser necesario.

5. Medidas relativas a centros docentes.

1. O retorno á actividade lectiva presencial dos centros docentes que imparten o ensino do artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, rexerase polas condicións sanitarias vixentes ao comezo do curso escolar 2020/21.

2. Serán de obrigado cumprimento as normas sobre desinfección e prevención que determine en cada momento a autoridade sanitaria, tanto nos centros públicos como privados. Para os supostos en que non sexa posible gardar as distancias mínimas interpersoais que se determinen será obrigado o uso de máscara de protección, con excepción do nivel de educación infantil.

3. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional elaborará e aprobará, mediante resolución, un protocolo de prevención e organización do regreso á actividade lectiva onde se recollerán as recomendacións sanitarias aprobadas ata o momento. O dito protocolo será supervisado pola consellería con competencias en materia de sanidade.

4. Para o sistema universitario galego, as universidades aprobarán un protocolo en que se regulen para toda a actividade académica as medidas de prevención axeitadas para o retorno á actividade lectiva.

6. Medidas en relación coa ocupación e uso dos vehículos no transporte terrestre e marítimo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Nos transportes en motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L, en xeral, que estean provistos con dúas prazas homologadas (condutor e pasaxeiro) poderán viaxar dúas persoas. O uso de luvas será obrigatorio por parte do pasaxeiro e tamén por parte do condutor no caso de motocicletas e ciclomotores destinados ao uso compartido. Para estes efectos, serán admitidas as luvas de protección de motoristas.

2. Nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo.

3. Nos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor.

4. Nos vehículos en que, polas súas características técnicas, unicamente se dispoña dunha fila de asentos, como no suposto de cabinas de vehículos pesados, furgonetas ou outros, poderán ocuparse todas as prazas.

5. No transporte público regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros, nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, poderase ocupar a totalidade dos asentos procurando, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias.

6. No transporte público regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros, nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establecerase como referencia de ocupación a de dous viaxeiros por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pé. Con carácter xeral, entenderase cumprido este requisito mediante a redución da capacidade das prazas previstas para viaxar de pé en vehículos de clase I e A, a unha cuarta parte das prazas de pé, e nos de clase II, a un terzo das ditas prazas de pé.

7. En todos os supostos previstos nesta epígrafe será obrigatorio o uso de máscara por parte de todos os ocupantes dos vehículos, agás nos recollidos no número 2, cando todos os ocupantes do vehículo convivan no mesmo domicilio.

Nos transportes en motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L, cando viaxen dous ocupantes, deberán levar máscara ou casco integral cando non convivan no mesmo domicilio».

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade