Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23652

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades cun claro compoñente de educación non formal destinadas á mocidade no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, a Consellería de Política Social inclúe entre os seus obxectivos o de favorecer a participación da mocidade en actividades deste tipo e para iso convoca, unha vez máis, a Campaña de verán.

Mediante a oferta da devandita campaña, a Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital.

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do COVID-19, e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio favorable para as súas emocións e sentimentos. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico-sanitarias e incremento das ratios monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

Así mesmo, a Consellería de Política Social, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade, considera pertinente que, ademais das actuacións específicas dirixidas ás persoas con discapacidade, se teñan en conta as necesidades e demandas destas persoas nas políticas e liñas de acción de carácter xeral en calquera dos ámbitos de actuación pública, como é o ámbito de actuación das políticas dirixidas á mocidade galega.

Neste sentido cómpre tamén sinalar que a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade, que entrou en vigor o 3 de maio de 2008, recoñece no seu artigo 30 o dereito das persoas con discapacidade a participar, en igualdade de condicións coas demais persoas, nas actividades recreativas e de lecer e tempo libre. Así mesmo, o artigo 7 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, versa exclusivamente sobre o dereito á igualdade das persoas con discapacidade.

Con base nestes criterios, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, acorda integrar na presente convocatoria as necesidades da mocidade galega na ocupación do seu tempo de lecer, de maneira que os/as mozos/as galegos/as con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poidan ter a oportunidade de decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Deste xeito preténdese que a inclusión social das persoas mozas con discapacidade sexa unha realidade ao tempo que se favoreza a interacción e a convivencia entre toda a mocidade.

Por todo isto,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Para facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2020 que se detalla no anexo I (códigos de procedemento: BS303A, BS303F, BS303G e BS303H).

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.

2. A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/.

Artigo 2. Servizos ofertados

1. A participación na oferta da Campaña de verán 2020 realizarase mediante solicitude individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).

2. As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

3. A incorporación e a recollida das persoas participantes nos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que indique a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es e antes do inicio da actividade, e de conformidade coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre o COVID-19.

No suposto de abandono da actividade ou expulsión da persoa participante, será responsabilidade das persoas proxenitoras ou titoras legais o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que se ocasionen.

Artigo 3. Participantes

1. Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar o seguinte:

a) As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.

b) As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

3. Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, sen prexuízo da documentación que deberán asinar as persoas proxenitoras ou titoras a que se fai referencia no artigo 8. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5.

4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.

5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

a) Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisar.

b) Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

c) Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalacións de cada campamento poderanse consultar na páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, a persoa menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.

As persoas solicitantes con discapacidade que cumpran os requisitos sinalados deben optar, de conformidade co artigo seguinte, por unha destas dúas vías: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.

7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Artigo 4. Tipos de solicitude e forma de presentación

1. As solicitudes poderán presentarse de forma individual ou múltiple e tramitaranse polo procedemento xeral ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade, de ser o caso, como se indica nos números seguintes.

2. As persoas que presenten unha solicitude individual de prazas deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo II, correspondente ao procedemento xeral (código de procedemento BS303A).

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo IV (código de procedemento BS303G).

3. As pretensións dunha pluralidade de persoas de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar poderán formularse nunha única solicitude múltiple, tanto no procedemento xeral como no de inclusión.

As persoas que presenten unha solicitude múltiple deben empregar o formulario que se incorpora como anexo III, correspondente ao procedemento xeral (código de procedemento BS303F).

As persoas con discapacidade que opten polo procedemento das prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I B deben utilizar o formulario que se incorpora como anexo V (código de procedemento BS303H).

A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. As persoas menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar tamén se poderán incluír na solicitude múltiple, equiparándose a súa situación a dos/as irmáns/as.

Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que pidan idéntica instalación, quenda e actividade (mesmo código). Todas as persoas interesadas que figuren nunha mesma instancia deben cumprir os requisitos de idade exixidos para as instalacións e quendas solicitadas.

Cando se trate dunha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral, para as actividades do anexo I A e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.

O incumprimento do disposto neste número por unha das persoas participantes suporá a exclusión de todas as que figuren nesa mesma solicitude.

Estas solicitudes múltiples teñen efecto durante o sorteo para a adxudicación da praza e para xerar as listas de espera. Non obstante, no momento das adxudicacións desde a lista de espera teranse en conta como solicitudes individuais.

4. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo/a só poderá cubrir unha solicitude e elixirá, por orde de prioridade, un máximo de cinco quendas ou actividades. Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I, alíneas A e B.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os do/a mozo/a que opta a participar nas actividades. No caso de solicitudes múltiples deberán cubrirse os datos de todos os/as irmáns/irmás que soliciten a súa participación.

c) As solicitudes deberanas asinar as persoas proxenitoras ou titoras dos/as menores solicitantes.

d) As persoas solicitantes deben residir na Comunidade Autónoma de Galicia e polo tanto, o enderezo que se inclúa na solicitude deberá ser, necesariamente, nalgún concello de Galicia.

e) A duplicidade dunha solicitude dará lugar á non admisión de ambas, e a persoa solicitante quedará fóra do sorteo.

6. A persoa interesada deberá comprobar, na páxina web http://xuventude.xunta.es/, a correcta mecanización da súa solicitude, co fin de emendar os erros detectados. Nesa páxina aparecerá un enlace para consultar os datos da solicitude e o número de expediente asignado á persoa menor solicitante. Para ter acceso a estes deberase incluír o número do DNI da persoa proxenitora ou titora que cubriu a instancia, así como a data de caducidade dese DNI. Se as persoas interesadas detectan algún erro nos datos mecanizados ou non atopan a solicitude, deben chamar a calquera dos números de teléfono que aparecen no anexo VII. A comunicación dos erros deberá efectuarse, como data límite, ata tres días hábiles antes do sinalado para a realización do sorteo. Unha vez transcorrido ese día, non procederá reclamación ningunha.

7. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Artigo 5. Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Adxudicación de prazas

A adxudicación das prazas, tanto no procedemento xeral como no de prazas reservadas para inclusión, realizarase da seguinte forma:

a) Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

b) Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Efectuaranse dous sorteos independentes segundo o procedemento polo que se solicite (o xeral ou o de prazas reservadas para inclusión).

Neste caso o sorteo realizarase ante notario/a. O día de realización do sorteo anunciarase na páxina web de xuventude, http://xuventude.xunta.es/, e terá lugar ás 12 horas dese día na sala de prensa da Consellería de Política Social, sita na terceira planta das dependencias da devandita consellería no Edificio Administrativo San Lázaro en Santiago de Compostela.

Mediante este sorteo cubriranse as prazas nas distintas actividades que especifica o anexo I, alíneas A e B.

Así mesmo, dará lugar a unha lista de espera para cada unha das actividades. Incluirase cada participante unicamente nunha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións. O número de reservas en cada actividade será do 50 % das prazas convocadas. Xerarase a lista de espera tanto no sorteo de prazas do procedemento xeral como no específico de prazas reservadas para inclusión.

c) A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado fará pública a resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, co resultado do sorteo, incluídas as listas de espera e confeccionará a correspondente lista de persoas admitidas para cada quenda e actividade.

O resultado do sorteo publicarase na páxina web http://xuventude.xunta.es/ a partir do día seguinte ao do sorteo.

Para os efectos desta publicación e en virtude da normativa de protección de datos persoais, as persoas admitidas virán identificadas exclusivamente polo número de expediente asignado pola aplicación informática de xestión do procedemento. Procederase do mesmo xeito respecto das persoas incluídas nas listas de espera. O número de expediente asignado á persoa menor solicitante poderase consultar conforme se indica no artigo 4.6.

Artigo 7. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa. Non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso. Transcorrido este prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, se for o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

Artigo 8. Documentación

1. As persoas admitidas deberán presentar no prazo de cinco (5) días hábiles contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación:

a) Xustificación de pagamento.

b) Se a persoa menor non dispón de DNI deberá achegarse a copia do libro de familia.

c) Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.

d) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI).

e) Declaración responsable de que sabe nadar, nos termos do artigo 3.3.

f) Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, conforme o modelo que se publicará na páxina web xuventude.xunta.es.

2. No caso de persoas con discapacidade, ademais:

a) Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.

b) Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso. (Non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que se acheguen coa solicitude).

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultarase o DNI ou NIE da persoa solicitante.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia.

b) Título de familia numerosa.

c) Certificado de familia monoparental.

d) Carné xove.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Adxudicación de prazas ás listas de espera

1. As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, serán ofrecidas na fase de reservas dos respectivos procedementos, xeral ou de prazas reservadas para inclusión, ás persoas solicitantes que figuran nas listas de espera correspondentes. No caso de que se produzan baixas, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou o servizo de xuventude correspondente contactarán, seguindo a orde da lista, coas persoas da lista de espera mediante chamada telefónica ao número indicado na solicitude.

Realizaranse 3 chamadas entre as 9.00 e 14.00 horas, que serán rexistradas para a constancia da súa realización. De non contactar coa persoa interesada, esta será dada de baixa e chamarase a seguinte na lista de espera.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada, na mesma chamada telefónica, a praza ofrecida, deberán presentar a documentación sinalada no artigo 8 nun prazo de dous días hábiles a partir da chamada telefónica. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo indicado, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da lista de espera.

2. A apertura da fase de reservas publicarase na páxina web de xuventude:

http://xuventude.xunta.es/.

Artigo 11. Prezos

1. Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, alíneas A e B, fixados conforme o regulado na Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. De conformidade co disposto na Orde do 1 de abril de 2016, os membros de familia que teñan o título de numerosa e os membros de familias monoparentais terán un desconto do 50 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I. Neste último caso, para aplicar o desconto deberá acreditarse estar en posesión do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

3. Así mesmo, conforme o disposto na Orde do 1 de abril de 2016, as persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25 % sobre os prezos que aparecen detallados no anexo I desta orde. Para poder aplicar o desconto, a persoa beneficiaria deberá ser titular do Carné xove, vixente, no momento de efectuar o pagamento.

4. Os descontos citados nos puntos anteriores en ningún caso serán acumulables.

Para os efectos da aplicación destes descontos, as persoas solicitantes deberán indicar na súa solicitude, marcando o recadro correspondente do formulario, se teñen ou non o título de familia numerosa, o certificado de familia monoparental ou o Carné xove, para a súa posterior comprobación pola Administración; no caso de que se opoñan a esta comprobación no formulario de solicitude, deberá achegarse a copia do título vixente de familia numerosa, do certificado de familia monoparental ou a do Carné xove, segundo o desconto aplicable.

Artigo 12. Obrigas das persoas adxudicatarias

As persoas adxudicatarias das prazas están obrigadas:

a) A incorporarse á actividade e regresar polos medios e nos prazos establecidos.

b) A non abandonar a actividade sen o permiso da persoa responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a comparecencia das persoas proxenitoras ou titoras, ou persoa debidamente autorizada por estes/as, e será responsabilidade destes/as o traslado para o regreso ao seu domicilio, así como os gastos que por tal causa se ocasionen, tal e como se especifica no artigo 2.3.

c) A respectar as normas establecidas polos equipos de animación, as normas de réxime interior das respectivas instalacións, as relativas ao cumprimento de medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias fronte ao COVID-19 e, en xeral, as establecidas pola lexislación vixente na materia. Poderán ser expulsadas do campamento as persoas participantes que non respecten as citadas normas e cando o seu comportamento dificulte ou impida a convivencia.

Artigo 13. Devolución de cota

1. Se, unha vez obtida a praza por calquera dos procedementos de adxudicación (sorteo ou fase de reserva) e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non pode asistir á actividade, só terá dereito á devolución nos casos e polas causas seguintes:

a) Renuncia á praza comunicada por escrito sempre e cando solicite a devolución da cantidade aboada polo menos sete días hábiles antes do inicio da actividade. No caso de prazas adxudicadas en fase de reserva e cando non concorra ningunha das outras causas recollidas neste punto, só se admitirá a devolución de cota cando a data de inicio do campamento permita presentar a solicitude de devolución coa sinalada antelación mínima de sete días hábiles.

b) Cando, por causas non imputables á persoa interesada, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

c) Cando se produza o ingreso hospitalario ou outra causa médica grave que afecte a persoa menor e lle impida incorporarse ao campamento. Esta causa debe acreditarse con informes médicos e/ou do hospital en que estea ingresada a persoa menor.

d) Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata 2º grao. Esta causa debe estar acreditada con informes médicos e/ou do hospital onde estea ingresado o familiar, ou co certificado de defunción, de ser o caso.

2. Serán denegadas todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas coa antelación mínima de sete días hábiles anteriores ao inicio da actividade, cando non concorra ningunha das causas recollidas taxativamente no número 1.

3. Para estes efectos, as persoas interesadas dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación anexo a esta orde (anexo VIII), que se poderá obter na Guía de procedementos e servizos, no enderezo electrónico: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos, ou na sede electrónica, no enderezo https://sede.xunta.gal. Estas solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 ((https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

4. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. As solicitudes de devolución de cota dirixiranse á xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude, para a súa resolución pola persoa titular da xefatura territorial, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, e reflectirase esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados, conforme o descrito na presente norma reguladora, a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde, agás a competencia para resolver as solicitudes de devolución de cota das actividades desenvoltas en Galicia, que se delega na persoa titular da xefatura territorial da provincia onde se localice a actividade obxecto da solicitude.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

ANEXO I

A. Campamentos de verán 2020 - Procedemento xeral

A Coruña

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

21-28 de xullo

09-10-11

148 €

150001

1-8 de agosto

09-10-11

148 €

150002

11-18 de agosto

09-10-11

148 €

150003

21-28 de agosto

09-10-11

148€

150004

31 de agosto-7 de setembro

09-10-11

148 €

150005

Alb. Xuv.

Gandarío

Actividades no mar

15-24 de xullo

03-04-05

193,30 €

150006

29 de xullo-7 de agosto

02-03-04-05

193,30 €

150007

12-21 de agosto

06-07-08

193,30 €

150008

26 de agosto-4 de setembro

05-06-07-08

193,30 €

150009

Vídeo Mapping. Fai visible o que levas dentro

30 de agosto-6 de setembro

06

148 €

150010

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

30 de agosto-6 de setembro

06-07

148 €

150011

Adestrando o meu robot

30 de agosto-6 de setembro

06-07

148 €

150012

Camp. Xuv. Furelos

Natureza no Camiño

15-24 de xullo

02-03-04

146,70 €

150013

29 de xullo-7 de agosto

05-06

146,70 €

150014

12-21 de agosto

06-07

146,70 €

150015

26 de agosto-4 de setembro

02-03-04

146,70 €

150016

Camp. Xuv. Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

15-24 de xullo

05-06

172,50 €

150017

29 de xullo -7 de agosto

05-06

172,50 €

150018

12-21 de agosto

02-03-04-05

172,50 €

150019

26 de agosto-4 de setembro

02-03-04-05

172,50 €

150020

Camp. Xuv.

Espiñeira

Candilexas

15-24 de xullo

08-09

146,70 €

150021

29 de xullo-7 de agosto

08-09

146,70 €

150022

12-21 de agosto

08-09

146,70€

150023

26 de agosto-4 de setembro

08-09

146,70 €

150024

Escola de

Agricultura Ecolóxica

Vilasantar

Saborea a vida do rural

27 xullo-2 agosto

08-09-10-11

129,50€

150025

10 -16 de agosto

08-09-10-11

129,50 €

150026

Granxa Zoo Grixalba

A aldea perdida

2-9 de agosto

08-09-10-11

148 €

150027

Aldea do Couto

Un país para pintores e poetas

3-12 de agosto

06-07-08

185 €

150028

Albergue X. Aeródromo da Fervenza

(Mazaricos)

Multiaventura e aeronáutico

30 de agosto-6 de setembro

02-03-04-05

148 €

150029

Centro Superior de Hostelería de Galicia

O sabor do verán

16-23 de agosto

08-09-10

148 €

150030

Escola Oficial Náutico

Pesqueira

(Ferrol )

Verán activo

1-8 de agosto

06-07-08

148 €

150031

12-19 de agosto

06-07-08

148€

150032

Albergue de

Ecoturismo

Alvarella

(Vilarmaior)

Aventura nas Fragas

17-23 de agosto

06-07-08

129,50€

150033

25-31 de agosto

06-07-08

129,50€

150034

Lugo

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. Area

NaturArea: ambiente mariño e náutica

15-24 de xullo

02-03-04-05

193,30 €

270001

29 de xullo–7 de agosto

05-06

193,30 €

270002

12-21 de agosto

05-06

193,30 €

270003

26 de agosto-4 de setembro

02-03-04-05

193,30 €

270004

Alb. Xuv. Benigno Quiroga

A miña primeira aventura

21-28 de xullo

09-10-11

148 €

270005

1-8 de agosto

09-10-11

148 €

270006

11-18 de agosto

09-10-11

148€

270007

21-28 de agosto

09-10-11

148€

270008

31 de agosto-7 de setembro

09-10-11

148 €

270009

Camp. Xuv.

A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

15-24 de xullo

06-07

146,70 €

270010

Acampada a carón do mar

15-24 de xullo

08-09

146,70 €

270011

Multiaventura: ambiente e mar

29 de xullo-7 de agosto

06-07

146,70 €

270012

Acampada a carón do mar

29 de xullo-7 de agosto

08-09

146,70 €

270013

Endevésate co mar

12-21 de agosto

07-08-09

146,70€

270014

Multiaventura:ambiente e mar

26 de agosto-4 de setembro

06-07

146,70€

270015

Acampada a carón do mar

26 de agosto-4 de setembro

08-09

146,70 €

270016

Cam. Xuv. Os Chacotes

Aventura-T

15-24 de xullo

02-03-04-05

146,70 €

270017

29 de xullo-7 de agosto

02-03-04-05

146,70 €

270018

Multiaventura nos Chacotes

12-21 de agosto

06-07

146,70€

270019

26 de agosto-4 de setembro

06-07

146,70 €

270020

Concello de Carballedo ou limítrofes

Adventure Camp

21-28 de xullo

05-06-07

148 €

270021

1-8 de agosto

05-06-07

148 €

270022

11-18 de agosto

05-06-07

148 €

270023

21-28 de agosto

08-09-10

148 €

270024

Albergue Municipal Quiroga

Explora o Courel

17- 24 de xullo

09-10-11

148 €

270025

27 de xullo ao 3 de agosto

09-10-11

148€

270026

LUG 2

O Musical

21-28 de xullo

05-06

148 €

270027

31 de agosto-7 de setembro

05-06

148 €

270028

LUG 2

AYCH Tecnolóxico

1-8 de agosto

02-03-04-05

148 €

270029

11-18 de agosto

02-03-04-05

148 €

270030

21-28 de agosto

02-03-04-05

148 €

270031

Ourense

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Camp. Xuv.

Penedos de

Xacinto (Entrimo)

Teatro e aventura na natureza

15-24 de xullo

07-08-09-10-11

146,70 €

320001

29 de xullo-7 de agosto

07-08-09-10-11

146,70 €

320002

12-21 de agosto

07-08-09-10-11

146,70€

320003

26 de agosto-4 de setembro

07-08-09-10-11

146,70 €

320004

Estación de montaña

Manzaneda

Manzaneda alta montaña

2-9 de agosto

08-09-10-11

148 €

320005

9-16 de agosto

08-09-10-11

148 €

320006

16-23 de agosto

05-06-07

148€

320007

23-30 de agosto

05-06-07

148€

320008

30 de agosto-6 de setembro

05-06-07

148 €

320009

Albergue Equal

Danza moderna e natureza

21-28 de xullo

09-10-11

148 €

320010

1-8 de agosto

09-10-11

148 €

320011

Complexo

O Corgo

Muíños

Ven explorar con nós

1-8 de agosto

05-06-07

148 €

320012

Albergue Xuv. Vilariño de Conso

Aventura na montaña

17-26 de xullo

08-09-10-11

185 €

320013

Albergue San Xoán de Río

Astronomía

16-23 de xullo

09-10-11

148 €

320014

26 de xullo- 2 de agosto

09-10-11

148 €

320015

Residencia T.L.

O Carballiño

Arte e tecnoloxía

19-26 de xullo

09-10-11

148€

320016

28 de xullo-4 de agosto

09-10-11

148€

320017

Pontevedra

Instalación xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

Alb. Xuv. As Sinas

O mar que imaxinas

15-24 de xullo

05-06

193,30 €

360001

29 de xullo-7 de agosto

05-06

193,30 €

360002

12-21 de agosto

02-03-04-05

193,30 €

360003

26 de agosto-4 de setembro

02-03-04-05

193,30 €

360004

Camp. Xuv.

Pontemaril

Aventura na natureza

15-24 de xullo

06-07-08

146,70 €

360005

29 de xullo-7 de agosto

06-07-08

146,70 €

360006

Pequecho aventura

21-28 de xullo

09-10-11

117,36 €

360007

31 de xullo-7 de agosto

09-10-11

117,36 €

360008

10-17 de agosto

09-10-11

117,36€

360009

Aventura na natureza

12-21 de agosto

06-07-08

146,70 €

360010

26 de agosto-4 de setembro

06-07-08

146,70 €

360011

Camp. Xuv. Illa de Ons

Illa Marabilla

21-28 de xullo

06-07

117,36 €

360012

1-8 de agosto

08-09

117,36 €

360013

11-18 de agosto

08-09

117,36 €

360014

21-28 de agosto

08-09

117,36€

360015

31 de agosto-7 de setembro

07-08

117,36 €

360016

Albergue Municipal Vicente Agulló

Aventura +

14-23 de agosto

08-09-10

185 €

360017

Colexio Cemar

Outdoor School

19-26 de xullo

06-07-08

148 €

360018

Centro Educ. ambiental El Kirico (Fornelos de Montes)

Kirico aventura

19-25 de xullo

06-07-08

129,50 €

360019

Granxa Escola- Albergue Tomiño

Aventura na granxa

9-15 de agosto

08-09-10-11

129,50 €

360020

16-22 de agosto

04-05-06-07

129,50€

360021

Residencia T.L. Panxón

Zerowaste

6-13 de agosto

04-05-06

148 €

360022

15-22 de agosto

04-05-06

148 €

360023

Instituto Pol. Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Vigo)

Navegando na aventura

15-22 de agosto

09-10-11

148 €

360024

26 de agosto-2 de setembro

09-10-11

148 €

360025

B. Campamentos de verán 2020 - Prazas reservadas para inclusión

Instalación Xuvenil

Actividade

Data

Ano

nacemento

Importe

praza

Código

A. X. Mariña Española

Aventura nas Mariñas

1-8 de agosto

09-10-11

148 €

150002

A.X. Gandarío

Actividades no mar

15-24 de xullo

03-04-05

193,30 €

150006

29 de xullo-7 de agosto

02-03-04-05

193,30 €

150007

12-21 de agosto

06-07-08

193,30 €

150008

26 de agosto -4 de setembro

05-06-07-08

193,30 €

150009

C. X. Espiñeira

Candilexas

29 de xullo-7 de agosto

08-09

146,70 €

150022

C. X. Os Chacotes

Aventura-T

29 de xullo-7 de agosto

02-03-04-05

146,70 €

270018

A. X. As Sinas

O mar que imaxinas

15-24 de xullo

05-06

193,30 €

360001

29 de xullo-7 de agosto

05-06

193,30 €

360002

12-21 de agosto

02-03-04-05

193,30 €

360003

26 de agosto -4 de setembro

02-03-04-05

193,30 €

360004

C. X. Pontemaril

Pequecho aventura

21-28 xullo

09-10-11

117,36 €

360007

Aventura na natureza

15-24 de xullo

06-07-08

146,70 €

360005

29 de xullo-7 de agosto

06-07-08

146,70 €

360006

12-21 de agosto

06-07-08

146,70 €

360010

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

– Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consellería de Política Social:

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º andar, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfonos: 881 99 90 25/881 99 91 94/981 54 52 93/881 99 93 14.

– Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

CC Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, 15008 A Coruña.

Teléfonos: 881 88 12 40/881 88 12 38/881 88 12 39.

– Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

Ronda da Muralla, 70, 27001 Lugo.

Teléfonos: 982 29 42 24/982 29 43 53/982 29 49 23/982 29 45 99.

– Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

Av. Habana, 81, baixo, 32004 Ourense.

Teléfonos: 988 38 61 20/988 38 61 17.

– Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado:

Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo.

Teléfonos: 986 81 70 78/986 81 70 80/986 81 70 79/986 81 77 82.

missing image file
missing image file