Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23721

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020 pola que se anuncian a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2020, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas individuais para contribuír á formación práctica de persoas graduadas universitarias e relacionadas coa actividade da institución:

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.

c) Dúas bolsas de formación en publicacións.

d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.

e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración laboral.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia