Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23722

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de maio de 2020 de delegación de competencias.

Detectados erros na publicación da Resolución reitoral do 26 de maio de 2020, de delegación de competencias (DOG nº 108, do 4 de xuño), procede realizar a seguinte modificación:

Onde di:

«IV. Vicerreitoría de Investigación

j) As correspondentes á oficina de I+D, á oficina de proxectos internacionais e as relacións con outros centros de I+D, en coordinación coa Vicerreitoría de Internacionalización».

Debe dicir:

«IV. Vicerreitoría de Investigación

j) As correspondentes á oficina de I+D, á oficina de proxectos internacionais e as relacións con outros centros de I+D, en coordinación coa Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación».

Onde di:

«VII. Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación

f) A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de difusión científica, en coordinación coas vicerreitorías de Investigación e de Transferencia».

Debe dicir:

«VII. Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación

f) A proposta, formalización e contratación de redes e proxectos internacionais de difusión científica, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación».

Onde di:

«VIII. Vicerreitoría do Campus de Ourense

j) As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación, Investigación e Transferencia.

k) As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Investigación e Transferencia».

Debe dicir:

«VIII. Vicerreitoría do Campus de Ourense

j) As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus da Auga, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación e Investigación.

k) As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus da Auga, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación».

Onde di:

«IX. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

j) As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus Crea S2i, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación, Investigación e Transferencia.

k) As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I + D + i no ámbito de especialización do Campus Crea S2i, en coordinación coas vicerreitorías de Investigación e Transferencia».

Debe dicir:

«IX. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

j) As correspondentes ás estruturas propias de investigación e centros propios de investigación referentes ao Campus Crea S2i, en coordinación coas vicerreitorías de Planificación e Investigación.

k) As correspondentes ás relacións con axentes de investigación nacionais e internacionais e con outros centros de I+D+i no ámbito de especialización do Campus Crea S2i, en coordinación coa Vicerreitoría de Investigación».

Vigo, 5 de xuño de 2020

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo