Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23725

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 3 de abril de 2020 e o 4 de xuño de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 18, 29, 31 e 36. O lugar destas preguntas pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 41, 42, 43 e 44. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesaria unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, no Acordo do 21 de febreiro de 2020, do tribunal, polo que se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo, publicado no portal web de Función Pública da Xunta de Galicia estableceuse que «O segundo exercicio consiste na realización dun suposto práctico tipo test de corenta preguntas (40) preguntas, máis catro (4) preguntas de reserva. Cada pregunta conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta. O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Terase en conta que cada resposta incorrecta descontará un terzo dunha pregunta correcta e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación».

Realizada a corrección do segundo exercicio en sesión do 4 de xuño de 2020 e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 10 aspirantes no conxunto de todas as quendas, resultou unha nota de corte de 16,33 respostas correctas para ambas as quendas, acceso libre e promoción interna, asignándolle en ambos os casos a valoración de 20 puntos.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, pola quenda de acceso libre e pola quenda de promoción interna, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, estarán exentas de realizar o cuarto exercicio do proceso selectivo para evidenciar o coñecemento da lingua galega as persoas aspirantes que acrediten que, dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo, posúan o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Para os aspirantes da quenda de promoción interna, a Dirección Xeral de Función Pública publicará no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal unha listaxe de persoas aspirantes na cal figurarán aquelas que non teñan que presentar a documentación xustificativa da exención por ter xa acreditada a súa posesión en calquera procedemento de competencia do mencionado centro directivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Francisco Rosendo Alonso Fernández
Presidente do tribunal