Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 24013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (Gestiona 1318/2019 Urb 41/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 39 do lugar de Tío Rincho, Santa María de Oia, e resultando descoñecido o titular da parcela 1017 (ref. catastral 36036A039010170000QY), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e referencia catastral da parcela afectada co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

1318/2019

(urb 41/2019)

Titular descoñecido

36036A039010170000QY

Parcela 1017 do polígono 39

Lugar de Tío Rincho, Santa María de Oia

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 4 de xuño de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa