Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 24006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de xuño de 2020, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica a resolución pola que se declara a extinción por causa de caducidade dunha concesión hidráulica (AC/94/98).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), notificase ao titular do NIF B27250711, perteneciente a Hidroeléctrica del Baleo, S.L., a resolución pola que se declara a extinción por causa de caducidade dunha concesión de augas no rego Portorrosa, no concello de Aranga.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo poderá formular as alegacións e probas que considere oportuno.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico