Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23958

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas do proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local.

No DOG núm. 103, do 29 de maio de 2020, publícase a Orde do 25 de maio de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal de 119 postos de auxiliares de policía local. Finalizado o prazo de solicitudes e de acordo co expresado na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso unitario para a cobertura de 119 postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos disporán dun prazo de tres días, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo da súa exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os/as aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 15 de xuño de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos

Nome

Causa da exclusión

Alonso Álvarez

Diego Alberto

2

Alonso Rivero

Alfredo Antonio

2

Bernardo Losada

Arturo

2

Blanco Alidina-Costa

Adrián

2

Blanco Alidina-Costa

David

2

Cerviño Barreiro

Samuel

2

Constenla Teixeira

Carlos

2

Costas Graña

Adrián

2

Costas Miguélez

Patricia

2

Estévez Santos

Fabián

2

Fariña Vidal

Ricardo

1, 2

Feijoo Cosgaya

Verónica

2

Fernández Celix

Nuria

2

Fernández Fontenla

Leonardo

2

García López

José María

2

Gómez Rodríguez

Lucía

2

González Pérez

Marcos

2

González Sánchez

Alexandre

2

Guzmán Pérez

Miguel

1

López Sánchez

Borja

3

Méndez Casas

Rodrigo

2, 3

Monteiro de Almeida Dias

Luis Miguel

4

Naveiras Picos

Miguel

2

Oberto Espinoza

José Ángel

5

Piñón Conde

David

2

Prieto Fernández

Nerea

2

Rivera Otero

Isidoro

2

Roca Barcia

Abraham

2

Roel Otero

Verónica

2

Romero Pérez

Gonzalo

1

Seijas Otero

Andrés

2

Silva Castro

Ana María

3

Silva Montull

Francisco

3

Causas da exclusión:

1. Modelo de solicitude non válido ou incompleto.

2. Non presenta xustificante do aboamento da taxa.

3. Oponse á consulta dos seus datos e non achega a documentación correspondente.

4. Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida. Debe presentar documentación acreditativa.

5. Non ten nacionalidade española ou dun Estado membro da UE.