De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativos, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Promoción interna.
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Álvarez Suárez, Eloy Argimiro |
***5026** |
85 |
Acceso xeral.
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Crespo Domínguez, Sergio |
***8349** |
86, 87 |
|
Pérez Pedros, María Carmen Fátima |
***1329** |
20 |
|
Cód. |
Causa da exclusión |
|
20 |
Pendente de presentar / pendente de realizar o pagamento |
|
85 |
Non cumpre a condición de discapacidade |
|
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria |
|
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |


