III. Outras disposicións
Instituto Galego de Promoción Económica
EXTRACTO da Resolución do 16 de xuño de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes, de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).
BDNS (Identif.): 492925.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes
Amplíase ata o 17 de xullo de 2020 o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro do resolvo da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro).
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020
Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica