Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24269

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 8 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 8 de xaneiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401D).

BDNS (Identif.): 492181.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7708, por un importe de 500.000 € para o ano 2020 e por un importe de 1.500.000 € para o ano 2021.

Segundo. Anulación da segunda convocatoria

Elimínase a segunda convocatoria prevista ante a necesidade de atender ao elevado número de solicitudes presentadas na primeira convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica