Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24265

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 8 de xaneiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401D).

No DOG núm. 16, do 24 de xaneiro de 2020, publicouse a Resolución do 8 de xaneiro de 2020 pola que se lle deu publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital), e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

No punto terceiro da resolución establecíase:

«Terceiro. Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes

Fin do prazo de presentación de solicitudes

2020.1

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

24.3.2020

2020.2

25.3.2020

25.5.2020»

De conformidade co punto cuarto da resolución establecíase:

«Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Convocatoria

Código proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Total

2020.1

2020.00001 

09.A1.741A.7708 

400.000 €

800.000 €

1.200.000 €

2020.2

2020.00001 

09.A1.741A.7708 

100.000 €

700.000 €

800.000 €

Total

 

 

500.000 €

1.500.000 €

2.000.000 €»

(...)

De conformidade co punto quinto da resolución establecíase:

«Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

Para os proxectos da primeira convocatoria o prazo máximo de execución iniciarase no momento da solicitude da axuda e rematará o 31 de xaneiro de 2021, esta data será a última admisible de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento.

Para os proxectos da segunda convocatoria o prazo máximo de execución será o 30 de xuño de 2021, esta data será a última admisible de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento».

(...)

O día 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado e entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada por COVID-19. Nas súas disposicións adicionais terceira e cuarta decretábase a suspensión de prazos administrativos. O Decreto 465/2020, do 17 de marzo (BOE nº 73, do 18 de marzo), dálle nova redacción ao número 4 da disposición adicional terceira e establece que as entidades do sector público poderán acordar motivadamente a continuación daqueles procedementos administrativos que veñan referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de abril de 2020, sobre a continuación da tramitación de determinados expedientes e procedementos en materia de subvencións, no eido da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico, establece aspectos relativos á continuación dos procedementos de concesión de subvencións cuxas bases e convocatoria se tivesen aprobado e publicado no momento da entrada en vigor do devandito Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, pero que non se tivese ditado a resolución de concesión, entre os cales se atopa o programa Galicia Exporta Dixital, e aspectos relativos á modificación das bases reguladoras para ampliar os prazos de execución da actividade subvencionada e, se é o caso, de xustificación e comprobación desa execución.

O día 23 de maio de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se reinicia o cómputo dos prazos administrativos que tiveran sido suspendidos en virtude do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, con efectos desde o 1 de xuño de 2020, reanudándose, por conseguinte, nesta data o prazo de presentación de solicitudes da primeira convocatoria e finalizando este o 11 de xuño de 2020.

Dado o elevado número de solicitudes da primeira convocatoria do programa Galicia Exporta Dixital, faise preciso eliminar a segunda convocatoria prevista e incrementar o crédito da primeira co previsto para a segunda; así como ante crecente e urxente necesidade de aplicar medidas estratéxicas orientadas á internacionalización dixital das empresas motivadas pola incidencia e polo novo escenario que no comercio internacional se están a producir por motivos da emerxencia sanitaria COVID-19 e de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a Resolución do 8 de xaneiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, no seguinte sentido:

O punto terceiro da resolución queda redactado do seguinte xeito:

Convocatoria

Inicio do prazo de presentación de solicitudes

Fin do prazo de presentación de solicitudes

2020.1

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

11 de xuño de 2020

Elimínase a segunda convocatoria prevista ante a necesidade de atender ao elevado número de solicituides presentadas na primeira convocatoria.

O punto cuarto da resolución queda redactado do seguinte xeito:

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e coa seguinte distribución plurianual:

Convocatoria

Código proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Total

2020.1

2020.00001

09.A1.741A.7708

500.000 €

1.500.000 €

2.000.000 €

(...)

O punto quinto da resolución queda redactado como segue:

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución será de cinco meses contados desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, transcorrido o cal se poderá entender rexeitada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo máximo de execución iniciarase no momento da solicitude da axuda e rematará o 30 de xullo de 2021, esta data será a última admisible de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento.

Artigo 2

Esta modificación entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica