Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24274

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 9 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 19 de febreiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

BDNS (Identif.): 497875.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación de requisitos dos beneficiarios

Modifícase o punto 2 do artigo 4 de requisitos dos solicitantes, que queda redactado do seguinte xeito:

«2. Posuír a nacionalidade española e ter nacido en Galicia, ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de presentación de solicitude de axuda».

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerenta do Instituto Galego de Promoción Económica