Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 22/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán e Manuel Cerdeira Campos contra a empresa Maderas Galifor, S.L., sobre despedimento, ditouse dilixencia de ordenación con nova sinalización de incidente de non readmisión para o día 2 de xullo de 2020, ás 9.45 horas, impugnable en reposición no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede xudicial.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Maderas Galifor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza