Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24647

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (821/2019).

M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza da Sección 6 da Audiencia Provincial de Pontevedra, polo presente edicto fai constar que na peza de apelación 821/2019, dimanante de ordinario 327/2017 do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, sendo demandante Manuel P. B. e demandados Yolanda e Armando C. F., por esta sección se ditou sentenza con data do 12 de maio de 2020, desestimando o recurso de apelación interposto por Yolanda C. F. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, cuxo texto íntegro se encontra nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza ditada en apelación cabe interpoñer recurso de casación por interese casacional e/ou extraordinario por infracción procesual, debendo interpoñerse no prazo dos 20 días hábiles seguintes ao da notificación, por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador que se presentará ante esta sección (artigos 477 e 479 Lei de axuizamento civil).

Para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Armando Clemente Fernández, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino o presente edicto.

Vigo,9 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza