Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24442

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro das resolucións do 16 de maio de 2019 e do 6 de setembro de 2019 (segunda convocatoria), polas que se establecen as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI461A) (Diario Oficial de Galicia número 103, do 3 de xuño, e Diario Oficial de Galicia número 178, do 19 de setembro, respectivamente).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro das resolucións do 16 de maio de 2019 e do 6 de setembro de 2019 (segunda convocatoria), da Secretaría Xeral da Igualdade, polas que se establecen as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI461A) (DOG núm. 103, do 3 de xuño, e DOG núm. 178, do 19 de setembro, respectivamente), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 1.590.085,25 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313D.460.1 (código de proxecto 2018 000112).

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou á ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Concesión

1ª convocatoria (€)

Concesión

2ª convocatoria (€)

SI461A/2019-01

Concello do Barco de Valdeorras

P3200200H

121.539,60 €

SI461A/2019-02

Concello de Verín

P3208600A

25.959,24 €

SI461A/2019-03

Concello de Fornelos de Montes

P3601900H

36.055,68 €

SI461A/2019-04

Concello do Valadouro

P2706300G

52.671,00 €

SI461A/2019-05

Concello de Allariz

P3200200H

19.239,24 €

SI461A/2019-06

Concello de Mos

P3603300I

259.186,20 €

SI461A/2019-07

Concello de Ponteareas

P3604200J

187.919,44 €

SI461A/2019-01

Concello de Teo

P1508300I

30.086,23 €

SI461A/2019-02

Concello de Ares

P1500400E

137.718,34 €

SI461A/2019-03

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

248.034,24 €

SI461A/2019-04

Concello de Pontevedra

P3603800H

304.411,64 €

SI461A/2019-05

Concello de Lalín

P3602400H

167.264,40 €

Total

702.570,40 €

887.514,85 €