Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24643

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (436/2020).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 436/2020

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 910/2019 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Marcelo Martínez Otero

Avogado: Francisco Costas Coya

Recorridos: Fogasa, Shipyard Azzero, S.L., Azzero Morrazo, S.L., Soldaworks, S.R.L.

Avogado: letrado de Fogasa

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso suplicación 436/2020 desta sección, seguido por instancia de Marcelo Martínez Otero contra Fogasa, Shipyard Azzero, S.L., Azzero Morrazo, S.L., Soldaworks, S.R.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Marcelo Martínez Otero, coa asistencia do letrado Francisco Costas Coya, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, con data do 3 de decembro de 2019, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte ás empresas Soldaworks S.L., Shipyard Azzero, S.L. e Azzero Morrazo, S.L., sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Shipyard Azzero, S.L., Azzero Morrazo, S.L., Soldaworks, S.R.L., con último domicilio coñecido en r/ Laranxo, 15, Vigo, actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza