Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 19 de xuño de 2020 Páx. 24641

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4216/2019 PM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 4216/2019

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 285/2018 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4216/2019 desta sección, seguido por instancia de Enrique Ramos González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos

Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Enrique Ramos González, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido polo traballador recorrente, debemos revogar e revogamos en parte a dita resolución, e declaramos que a base reguladora da IPT recoñecida, derivada de enfermidade profesional, é a de 1.694,25 euros mensuais por doce meses e, desestimando os recursos das mutuas Asepeyo, La Fraternidad Muprespa e MC Mutual (Cyclops), confirmamos a sentenza polo que se refire ao grao de incapacidade permanente total recoñecido con data de efectos do 20 novembro de 2017. Impóñense as custas dos recursos das mutuas vencidas a estas, que comprenderán os honorarios do letrado impugnante dos ditos recursos por importe de 300 euros cada unha delas.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras del Carmen, S.A., Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Intradima, S.L., Eleuterio Alijo López, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 275, Pigama, S.L., MC Mutual (nome comercial de Mutual Midat Cyclops), Cafinsa Proyectos, S.L., Micaslate, S.L., Pizarras Campa das Lousas, S.L., Campo de Arcas Pizarras, S.A., Pizarras Valdeleón, S.L., Cafinsa Proyectos, S.L., Eleuterio Alijo López, Pizarras Robema, S.L. extinguida, Pizarras Valdouro, S.L., Pigama, S.L., Pizarras Elapi, S.L., Pizarras Pusmazán, S.L. extinguida, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza