Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Sábado, 20 de xuño de 2020 Páx. 24684

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 92/2020, do 19 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de xuño de dous mil vinte, concédeselle a Medalla Castelao a:

– Pilar García-Cernuda Lago

– Ana Peleteiro Brión

– Xosé Manuel Piñeiro Borrajo

– A Roda

– Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

Santiago de Compostela, dezanove de xuño de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza