Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Sábado, 20 de xuño de 2020 Páx. 24685

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 19 de xuño de 2020 sobre distribución de espazos electorais gratuítos de propaganda electoral en medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do 19 de xuño de 2020, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, nos termos da proposta formulada pola Comisión de Control Electoral, a distribución dos espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, autonómica e estatal (desconexión territorial).

– Autonómica: Televisión Galega e Radio Galega (artigo 29 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia).

– Estatal: Televisión Española en Galicia e Radio Nacional de España en Galicia (artigo 64 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral).

Segundo. Anunciar no Diario Oficial de Galicia que nesta data a Xunta Electoral de Galicia acordou a distribución de espazos gratuítos nos medios de comunicación de titularidade pública en favor das entidades políticas concorrentes ao proceso electoral convocado.

A dita distribución está publicada na páxina web da Xunta Electoral de Galicia: http://www.parlamentodegalicia.es/XuntaElectoral/.

Contra o acordo de distribución, os representantes xerais das entidades políticas concorrentes ás eleccións ao Parlamento de Galicia que se consideren afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a Xunta Electoral Central, que deberá presentarse ante a Xunta Electoral de Galicia (xunta.electoral.galicia@parlamentodegalicia.gal) ata as 10.00 horas do luns 22 de xuño e tramitarase conforme o procedemento establecido no artigo 21 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, e na Instrución da Xunta Electoral Central 11/2007, do 27 de setembro.

Conforme o comunicado aprobado pola Xunta Electoral de Galicia, o 13 de marzo de 2020, o recurso deberá presentarse por correo electrónico no seguinte enderezo: xunta.electoral.galicia@parlamentodegalicia.gal.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral.

A Coruña, 19 de xuño de 2020

José María Gómez y Díaz-Castroverde
Presidente