Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Sábado, 20 de xuño de 2020 Páx. 24687

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 19 de xuño de 2020 polo que se toma coñecemento dos plans de cobertura informativa da campaña electoral da Corporación Radiotelevisión Española (RTVE) e da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.

A Xunta Electoral de Galicia, na sesión do 19 de xuño de 2020, tomou coñecemento dos plans de cobertura informativa elaborados polas corporacións de Radiotelevisión Española (RE núm. 669/2020) e de Radio e Televisión de Galicia (RE núm. 670/2020) para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020, de conformidade co disposto no artigo 66 da LOREX e na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX, no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral.

Os ditos plans están publicados na páxina web da Xunta Electoral de Galicia:

http://www.parlamentodegalicia.es/XuntaElectoral/.

Os representantes xerais das formacións políticas concorrentes ao proceso electoral en curso poden presentar ante a Xunta Electoral de Galicia as reclamacións ou recursos que consideren pertinentes, de conformidade co disposto no punto quinto da citada instrución, ata as 10.00 horas do luns 22 de xuño de 2020.

Os recursos formulados en tempo e forma estarán á disposición das formacións políticas interesadas na Secretaría da Xunta Electoral, mediante solicitude de cita previa no correo (xunta.electoral.galicia@parlamentodegalicia.gal) ou no teléfono da Xunta Electoral de Galicia, para os efectos de que poidan formular alegacións ata o martes 23 de xuño de 2020, ás 10.00 horas.

Conforme o comunicado aprobado pola Xunta Electoral de Galicia, o 13 de marzo de 2020, o recurso deberá presentarse por correo electrónico no seguinte enderezo: xunta.electoral.galicia@parlamentodegalicia.gal.

O que se publica no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da referida Instrución 4/2011, do 24 de marzo.

A Coruña, 19 de xuño de 2020

José María Gómez y Díaz-Castroverde
Presidente