Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24830

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, para o exercicio 2020.

O 3 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (códigos de procedemento VI482A e VI482B).

O punto un do ordinal terceiro da citada resolución establece que as axudas previstas nesta convocatoria se farán efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 07.83.451B.480.3, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 200.000 euros para o ano 2020, 200.000 euros para o ano 2021, 200.000 euros para o ano 2022, 200.000 euros para o ano 2023 e 200.000 euros para o ano 2024. Ademais, no punto tres do mesmo ordinal prevese que a contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que terá efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Tendo en conta que a data de hoxe existen remanentes de crédito de convocatorias anteriores, e que o crédito fixado na convocatoria é insuficiente para atender o número de solicitudes habituais neste programa, é necesaria a ampliación do crédito establecido inicialmente.

De conformidade co artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e co ordinal terceiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, é competente para ditar esta resolución a persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Polo exposto,

RESOLVO:

Único. Ampliar a dotación orzamentaria para a convocatoria de subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 para os anos 2020, 2021, 2022, 2023 e 2024.

O incremento da dotación será de 200.000 euros anuais, polo que a contía máxima das subvencións que se poderán conceder anualmente será a seguinte:

Anualidade

Aplicación

orzamentaria

Crédito inicial

Ampliación de crédito

Crédito total

2020

07.83.451B.480.3

Prox 2015 00026

200.000 €

200.000 €

400.000 €

2021

07.83.451B.480.3

Prox 2015 00026

200.000 €

200.000 €

400.000 €

2022

07.83.451B.480.3

Prox 2015 00026

200.000 €

200.000 €

400.000 €

2023

07.83.451B.480.3

Prox 2015 00026

200.000 €

200.000 €

400.000 €

2024

07.83.451B.480.3

Prox 2015 00026

200.000 €

200.000 €

400.000 €

Totais

1.000.000 €

1.000.000 €

2.000.000 €

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo