Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24974

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

EXTRACTO da Resolución do 9 de xuño de 2020 pola que se convoca unha bolsa para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

BDNS (Identif.): 510655.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

As persoas que teñan a condición de seren naturais de Galicia, seren fillos/fillas de galegos ou acreditaren, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, e nivel B2 nalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar unha bolsa de formación, para persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación con destino na oficina da Fundación Galicia Europa (FGE) en Bruxelas.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras do procedemento están recollidas no anexo I da Orde do 17 de decembro de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación (código de procedemento PR770M).

Cuarto. Importe

O importe total da bolsa distribuirase do seguinte xeito:

– Retribución bruta (pagamento ao bolseiro): 16.200,00 €.

– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento ao bolseiro): 1.100 €.

– Seguridade Social: 600,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2020

O presidente de Fundación Galicia Europa
P.A. (artigo 15 dos Estatutos da Fundación Galicia Europa)
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa