Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24879

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliar de policía local.

De conformidade co establecido na base 4 da Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio) pola que convoca proceso selectivo unitario e se aproban as bases reguladoras para postos de auxiliares da policía local, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para a cobertura de postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio).

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión e a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

Segundo. Convocar as persoas aspirantes admitidas a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo correspondente ás probas físicas os días 25 e 26 de xuño de 2020 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, r/ Padre Fernando Olmedo, 1, 36071 Pontevedra, de acordo coa orde de chamamento e horario indicado, que se publicará na páxina web da Agasp.

Os aspirantes comparecerán provistos do documento nacional de identidade ou calquera outro documento legal que o substitúa, máscara, e seguirán o protocolo de prevención e protección ante o coronavirus-19 que se atopa publicado na páxina web da Agasp.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada na sede da Agasp e na páxina web da propia Academia :http://agasp.xunta.gal, na sección de novas.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

A Estrada, 20 de xuño de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública