Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 22 de xuño de 2020 Páx. 24881

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3690/2019-RMR).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3690/2019 desta sección, seguido por instancia de Casimiro Carlos Montero García contra Mutual Midat Cyclops e otros, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Estimando o recurso de suplicación interposto por Casimiro Carlos Montero García contra a sentenza do 25 de febreiro de 2019 do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a mutua colaboradora da Seguridade Social-Mutual Midat Cyclops, o Instituto Nacional da Seguridade Social, e a entidade mercantil Nervion Industries Engineering and Services Sociedad Limitada Unipersonal, a Sala revógaa, estimando integramente as pretensións instrumentadas na demanda reitora de actuacións en relación coa contía da base reguladora da prestación de incapacidade permanente no grao de total para a profesión habitual derivada da continxencia de accidente de traballo que se lle recoñeceu ao traballador e que se cuantifica en 3.635,34 euros mensuais.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación a Nervion Industries Engimeering and Services S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza