Advertido erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 113, do xoves 11 de xuño de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 23016, fila 2 do anexo, onde di: «Acta de entrega ao Concello de Porto do Son da estrada AC-175, desde o p.q. 0+000 ao p.q. 0+550 » , debe dicir: «Acta de entrega ao Concello de Porto do Son de varios treitos antigos da estrada autonómica AC-550».
Na páxina 23016, fila 12 do anexo, acta de entrega ao Concello de Lobios, onde di: «26.10.2019», debe dicir: «26.10.2018».
Na páxina 23021, onde di: «Acta de entrega ao Concello de Porto do Son da estrada AC-175, desde o p.q. 0+000 ao p.q. 0+550», debe dicir: « Acta de entrega ao Concello de Porto do Son de varios treitos antigos da estrada autonómica AC-550».