Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25103

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 12 de xuño de 2020 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para postos de auxiliares da policía local.

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para postos de auxiliares de policía local mediante a Orde do 25 de maio de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 29 de maio, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a selección de postos de auxiliares de policía local, dos concellos e coas características que se definen nas bases da convocatoria (DOG núm. 103, do 29 de maio de 2020)

– Tribunal titular:

Presidencia: Ignacio Saiz Martín, fiscal na Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría: Ángel Ruibal Pérez, inspector principal da policía local do Concello de Pontevedra.

Vogais:

Diego Negral Fernández, policía local do Concello de Culleredo.

Begoña del Río Martínez, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

– Tribunal suplente:

Presidencia: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaría: Mª Dolores Veiga Gondelle, xefa do Servizo de Xestión de Persoal da Dirección Xeral da Función Pública.

Vogais:

José Francisco Rodríguez Rey, oficial do corpo da policía local do Concello de Cambre.

Ana María Pajaro Lago, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

Roberto Pérez Fonte, xefe de sección do servizo de formación en Seguridade Pública da Agasp.