Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 23 de xuño de 2020 Páx. 25111

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3966/2019).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3966/2019 desta sala, seguido por instancia de Francisco Javier Barros Cernadas contra Fogasa, Sofía Genoveva Frieiro López, Ambulancias Carballo, S.L., Asefa, S.A. Seguros y Reaseguros sobre outros dereitos, seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos os recursos de suplicación interpostos pola avogada Concepción Álvarez Rodil, en nome e representación de Francisco Javier Barros Cernadas, e polo procurador dos tribunais José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de Compañía de Seguros Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros, con dirección técnica da avogada Isabel Ortiz Borrás, contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 7 de febreiro de 2019 en autos número 1131/2015, que confirmamos.

Dese o destino legal aos depósitos efectuados pola aseguradora recorrente, á cal condenamos a aboar os honorarios de letrado das partes impugnantes, en contía de seiscentos un euros (601 €) respecto de cada un deles.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ambulancias Carballo, S.L. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza