Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 25 de xuño de 2020 Páx. 25184

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade dun convenio de colaboración subscrito por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade ao convenio subscrito pola Consellería de Facenda no mes de outubro do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio
da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Facenda no mes de outubro de 2019

Convenio

Achega

consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Nacional de Tramitadores Administrativos e Profesionais para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.10.2019