Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25407

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2020.

Conforme o disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; no artigo 19.un.3.l) da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, e logo do informe favorable da Mesa de Negociación do Persoal Docente e Investigador da USC, do 13 de maio de 2020, do informe favorable do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do 2 de xuño de 2020, e da aprobación polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na sesión do 22 de maio de 2020, da creación de 20 prazas da categoría de profesor contratado doutor, de 31 prazas do corpo docente de profesor titular de universidade pola quenda libre e de 31 prazas do corpo docente de catedrático de universidade pola quenda de promoción interna, e unha vez obtida a autorización da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia o 16 de xuño de 2020, tal e como se determina no artigo 36.1 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 (DOG núm. 246, do 27 de decembro de 2019),

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2020, que consiste en 82 prazas de profesorado con vinculación permanente. Da totalidade destas prazas, 51 (20 de profesorado contratado doutor e 31 de profesorado titular de universidade) corresponden ao sistema de quenda libre. Delas resérvanse 7 prazas (6 de profesorado contratado doutor e 1 de profesorado titular de universidade) para dar cumprimento á obriga de destinar un 15 % do total de prazas á incorporación de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3, tal e como se recolle no artigo 19.un.3.l) da Lei 6/2018. Na OEP inclúense ademais 31 prazas para a quenda de promoción interna correspondentes ao corpo de catedrático de universidade.

Segundo. Esta OEP inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador, con asignación orzamentaria, que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, segundo se detalla no anexo, dentro do contexto global de restrición orzamentaria que afecta todas as administracións públicas.

Terceiro. A planificación dos recursos humanos na USC oriéntase á atención das súas funcións prioritarias, á correcta dimensión do volume de efectivos e a potenciar a estabilización do seu persoal docente e investigador.

Cuarto. As convocatorias dos concursos derivados desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e, de ser o caso, no Boletín Oficial del Estado, para garantir a súa publicidade, e executaranse dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do Estatuto básico do empregado público.

Quinto. Coa finalidade de dar unha maior difusión ás convocatorias de concursos relacionados con esta oferta de emprego, así como á dos actos que deriven deles, na páxina web do Servizo de Planificación de PDI da USC (http://www.usc.gal/gl/servizos/profesorado), na sección de Convocatorias de prazas, poderase consultar a documentación correspondente.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2020

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 30.4.2020; DOG do 11 de maio)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado

ANEXO

Oferta de emprego público para o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela do ano 2020

Categoría/corpo docente

Nº deprazas

Sistema de acceso

Profesor/a titular de universidade

30

Quenda libre

Profesor/a titular de universidade

(Reserva do 15 % para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3)

1

Quenda libre

Profesor/a contratado/a doutor/a

14

Quenda libre

Profesor/a contratado/a doutor/a

(Reserva do 15 % para persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3)

6

Quenda libre

Catedrático/a de universidade

31

Quenda de promoción interna