Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 731/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 731/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurora González Iglesias contra María Pilar Sixto Barreiro e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Aurora González Iglesias, contra María Pilar Sixto e o Fogasa e, como consecuencia, debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 1.543,96 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só poderá levarse a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que estes contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando proceda.

Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Pilar Sixto Barreiro, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza