Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 26 de xuño de 2020 Páx. 25436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 150/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 150/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramiro José Triana Frechilla contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos e Fogasa, sobre despedimento, se ditou auto do 17 de abril de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2020.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Ramiro José Triana Frechilla con Seguridad y Planificación Galicia, S.L., e condeno a Seguridade y Planificación Galicia, S.L. a aboar a Ramiro José Triana Frechilla a suma de 6.361,69 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución e a suma de 48.826,24 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

De conformidade co disposto na Resolución do ministro de Xustiza e do Consello Xeral do Poder Xudicial do 13 de abril de 2020, na Circular 2/2020, do 20 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, que regula as notificacións nos expedientes xudiciais durante a vixencia do estado de alarma, e no Acordo da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial do 20 de abril de 2020, notifíquese a presente resolución, facéndolles saber ás partes que, por estar ditada nun procedemento declarado esencial en virtude do Real decreto 463/2020, polo que se declarou o estado de alarma, non resultan afectados os prazos para a interposición de recursos, que non se encontran suspendidos, polo que deberán interpoñerse no tempo e na forma sinalados na presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza