Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO do Acordo do Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade polo que se acorda a aprobación inicial e se somete a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisa ocupar para expropiación para a construción da residencia da terceira idade na Chan, Carballedo.

Polo Acordo do Pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade do 19.12.2019 aprobouse definitivamente o Plan especial de dotacións para situar unha residencia da terceira idade no lugar da Chan (Carballedo), publicado no DOG nº 19, do 29 de xaneiro de 2020.

De conformidade co disposto no artigo 85.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados, para os fins da expropiación ou imposición de servidumes.

Actúa como Administración expropiante e beneficiaria o Concello de Cerdedo-Cotobade, coas consecuencia legais derivadas destas posicións xurídicas.

Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 7/2015, do 30 de outubro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Ao se tratar dunha expropiación urbanística, este expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co disposto no artigo 118 e concordantes da Lei do solo de Galicia.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento aos propietarios afectados e ocupación dos predios afectados confeccionouse o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 7/2015, artigo 118 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e artigos 291 a 293 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. De conformidade co anterior, o Pleno, na sesión extraordinaria do 15.6.2020, adoptou o seguinte:

ACORDO:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación para a construción da residencia da terceira idade na Chan, Carballedo, polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos no ámbito determinado no proxecto.

Segundo. Someter o proxecto de expropiación por taxación conxunta á información pública por período dun mes, mediante anuncio no taboleiro de anuncios do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Ademais, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello (https://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal).

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e titulares de dereitos afectados, xuntando á notificación a súa respectiva folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado a partir da data de notificación».

Cerdedo-Cotobade, 19 de xuño de 2020

Jorge Cubela López
Alcalde

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Propietario/a

Superficie
afectada

Afección

1

36012B508013190000FT

José Bouzas Lois

56

Expropiación

2

36012B508013200000FP

Matilde Lois Vidal

3.100

Expropiación

3

36012B508013210000FL

Maria Vidal García

1.223

Expropiación

4

36012B508013120000FA

José Antonio Lois Fernández

1.515

Expropiación

5

36012B508012980000FD

Hdos. Emilio García García

2.117

Expropiación

6

36012B508012990000FX

Hdos. Emilio García García

21

Expropiación