Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente do Plan especial para a ampliación do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea.

A Alcaldía, mediante o Decreto número 243, do 25 de maio de 2020, e de acordo co disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, aprobou inicialmente o expediente do Plan especial para a ampliación do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei), redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Fernando López Bellón, con data de maio de 2020, e presentado por iniciativa de Xestión do Solo de Galicia (Xestur, S.A.), en virtude de convenio entre o Concello de Castro de Rei e Xestur asinado o 4 de abril de 2014.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais da provincia, co fin de que durante o citado período as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do Concello, en Castro de Rei, desde as dez ás catorce horas de luns a venres, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 1 de xuño de 2020

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde presidente