Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 29 de xuño de 2020 Páx. 25503

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 12 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se redistribúen as anualidades e se modifican os prazos de xustificación en diversas convocatorias de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19.

A evolución da pandemia do coronavirus COVID-19, declarada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), obrigou ao peche das universidades galegas e demais entidades que conforman o Sistema I+D+i galego. Ese contexto, que se reproduce en boa parte do mundo, dificulta que algúns dos grupos de investigación do sistema de I+D+i da Comunidade Autónoma de Galicia poidan desenvolver a súa actividade con eficacia e racionalidade de medios.

Esta situación é particularmente grave no caso dos grupos que optan a axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas convocadas pola Orde conxunta do 31 de decembro de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i (DOG núm. 32, do 17 de febreiro de 2020). Esta convocatoria, cuxo prazo de presentación de solicitudes estaba a punto de rematar no momento da declaración do estado de alarma, dada a suspensión de prazos e procedementos, resolverase con atraso sobre o inicialmente establecido. Ante esta situación, parece lóxico redistribuír as anualidades da axuda para que as entidades beneficiarias poidan facer un gasto máis axustado e racional.

Complementariamente, e para conseguir unha maior eficacia das axudas, axústanse os prazos de xustificación para a anualidade do 2020 tanto da Orde do 31 de decembro de 2019 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2020) antes mencionada como da Orde conxunta do 31 de decembro de 2018, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2019).

Atendendo a estas consideracións xerais e en virtude das súas competencias, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, no uso das atribucións que temos conferidas,

ACORDAMOS:

Artigo 1. Obxecto

Como consecuencia da situación extraordinaria provocada pola pandemia do coronaravirus COVID 19, o obxecto desta orde é:

1. Redistribuír as anualidades das axudas convocadas pola Orde conxunta do 31 de decembro de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i (DOG núm. 32, do 17 de febreiro de 2020), para que as entidades beneficiarias poidan acometer un gasto máis axustado e racional.

2. Modificar o prazo de xustificación na anualidade do 2020, para permitir unha mellor consecución dos obxectivos previstos nas axudas, nas seguintes ordes de convocatoria:

– Orde conxunta do 31 de decembro de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro de 2020).

– Orde conxunta do 31 de decembro de 2018, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2019).

Artigo 2. Ámbito e réxime de aplicación

1. A redistribución das anualidades das axudas sinaladas no artigo 1.1. desta orde rexerase polos seguintes parámetros:

A redistribución afecta unicamente a modalidade A (grupos de referencia competitiva) e a modalidade B (grupos con potencial de crecemento), e non é de aplicación na modalidade C (proxectos de excelencia).

– Modalidade A (grupos de referencia competitiva):

Un 30 % do crédito correspondente á anualidade 2020 redistribuirase equitativamente nas anualidades de 2021, 2022 e 2023.

Estas axudas terán unha duración máxima de catro anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por unha contía estrutural máis outra variable asociada á evolución na xeración de recursos por parte do grupo como un indicador xenérico da súa competencia e capacidade de consolidación, e distribuirase por anualidades de acordo cos seguintes módulos:

1. Módulo estrutural anual: composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo na anualidade de 2020 de 10.000 €, e nas anualidades 2021, 2022 e 2023, de 30.000 €, tendo en conta os ingresos medios do grupo, co obxectivo de axustar o orzamento ás posibilidades reais de execución anuais en función do número de solicitudes avaliadas positivamente e dos recursos dispoñibles.

2. Módulo variable anual, acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro de 2019, segundo os seguintes tramos:

Para a anualidade 2020:

– Ingresos medios de 150.000 a 300.000 €: ata 14.000 € anuais.

– Ingresos medios de 300.001 a 400.000 €: ata 21.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 400.000 €: ata 35.000 € anuais.

Para as anualidades 2021, 2022 e 2023:

– Ingresos medios de 150.000 a 300.000 €: ata 22.000 € anuais.

– Ingresos medios de 300.001 a 400.000 €: ata 33.000 € anuais.

– Ingresos medios superiores a 400.000 €: ata 55.000 € anuais.

– Modalidade B (grupos con potencial de crecemento):

Un 30 % do crédito correspondente á anualidade 2020 redistribuirase equitativamente nas anualidades de 2021 e 2022.

As axudas serán de aplicación por un período de tres anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 14.000 € na primeira e de 38.000 € na segunda e terceira.

2. A modificación do prazo de xustificación aplicarase unicamente na anualidade de 2020 e respecto das axudas sinaladas no artigo 1.2 desta orde. Para este fin, na anualidade de 2020 e para as universidades do SUG, establécese como data límite para remitir a documentación xustificativa para o libramento dos fondos o 30 de novembro de 2020.

A redistribución dos créditos das axudas da Orde conxunta do 31 de decembro de 2019, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i (DOG núm. 32, do 17 de febreiro de 2020), imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10.40.561B.744.0, 09.A3.561A.781.0 e 09.A3.561A.703.0, correspondentes aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 e nas cales existe crédito adecuado e suficiente, coa seguinte distribución por anualidades:

Modalidade

Entidade beneficiaria

Aplicación

orzamentaria

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

Total

Mod. A) GRC

Universidades do SUG

10.40.561B.7z44.0

1.225.000

1.925.000

1.925.000

1.925.000

7.000.000

Mod. A) GRC

Outras

entidades

09.A3.561A.781.0

70.000

110.000

110.000

110.000

400.000

09.A3.561A.703.0

126.000

198.000

198.000

198.000

720.000

Total

196.000

308.000

308.000

308.000

1.120.000

Mod. B) GPC

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

700.000

1.900.000

1.900.000

4.500.000

Mod. B) GPC

Outras

entidades

09.A3.561A.781.0

42.000

114.000

114.000

270.000

09.A3.561A.703.0

56.000

152.000

152.000

360.000

Total

98.000

266.000

266.000

630.000

Mod. C) Proxectos de

excelencia

Universidades do SUG

10.40.561B.744.0

260.000

275.000

275.000

275.000

125.000

1.210.000

Mod. C) Proxectos de

excelencia

Outras

entidades

09.A3.561A.781.0

60.000

100.000

100.000

100.000

100.000

460.000

Total universidades do SUG

2.185.000

4.100.000

4.100.000

2.200.000

125.000

12.710.000

Total outras entidades

09.A3.561A.781.0

172.000

324.000

324.000

210.000

100.000

1.130.000

09.A3.561A.703.0

182.000

350.000

350.000

198.000

0

1.080.000

Total

354.000

674.000

674.000

408.000

100.000

2.210.000

Total convocatoria

2.539.000

4.774.000

4.774.000

2.608.000

225.000

14.920.000

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG, as cales se imputarán ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020; as anualidades de 2021, 2022, 2023 e 2024 integraranse no novo plan de financiamento.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ou a persoa titular da Presidencia da Gain, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego
e Industria e presidente da Axencia Galega
de Innovación